Os xogadores de xadrez, é unha pintura ao óleo sobre madeira de Thomas Eakins realizada en 1876. Consérvase no Museo Metropolitano de Arte de Nova York desde 1881 cando foi doada polo propio pintor.
Descrición O cadro representa unha situación complexa: dous amigos do pai do pintor atópanse participando nunha partida de xadrez mentres o pai do propio pintor, Benjamin, os observa con moita atención. O pintor fixo honor ao seu pai cunha inscrición na mesa onde di: «O fillo de Benjamin Eakins pintou isto 76».
Notas
Categoría:Obras pictóricas de 1876 Categoría:Xadrez