El Kardeciano foi unha revista editada en Ferrol entre 1934 e 1936.
Historia e características Subtitulada Revista espírita ferrolana, estaba ligada á Federación Española de Espiritismo. Apareceu en agosto de 1934 como órgano informativo do grupo espiritista “Amor y Caridad”. Estaba dirixido por Rodrigo Sanz e o administrador era Elías López. Na presentación indicaban que o periódico tería periodicidade mensual, aínda que a súa intención era convertelo en quincenal ou semanal. No primeiro número dirixen un saúdo á prensa espiritista. Cesou a súa publicación en 1936.Doazón da colección da Revista Espírita Ferrolana “El Kardeciano” (setembro de 1934 - xullo de 1936)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Espiritismo Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Exemplares de El Kardeciano da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán, en Internet Archive. Grupo Espírita de La Palma
Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:1934 en Galicia