Cesáreo Durán Álvarez, nado en Mos (Saiáns, Moraña) en 1887 e finado en 1973, foi un empresario, agrarista e político galego.

Traxectoria Emigrou novo a Buenos Aires. Ao retornar foi contratista de obras. Agrarista, foi elixido alcalde de Moraña o 1 de abril de 1920. Colaborou no periódico El Bólido. En 1924 foi elixido secretario da Sociedad de Oficos Varios de Moraña.Galicia. Diario de Vigo, 26-1-1924, p. 2. Foi multado con 250 pesetas polo gobernador civil de Pontevedra por "hablar mal del gobierno" en xuño de 1926.El Progreso, 10-6-1926, p. 3. Foi nomeado alcalde por Real Orde en abril de 1930.El Eco de Santiago, 7-4-1930, p. 2. Volveu ser elixido alcalde polo artigo 29 en 1931. Permaneceu no cargo ata 1932, e despois continuou como concelleiro. Espiritista, acudiu coa delegación galega ao V Congreso Espiritista Internacional de Barcelona en 1934.Pioneros espiritistas en Galicia Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 volveu ser alcalde de Moraña. Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 houbo de agocharse e sufriu persecucións.

Notas

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Alcaldes de Moraña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Espiritismo Categoría:Nados en Moraña Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1973