O termo táboa pódese referir a:
O uso máis común: táboa, en carpintaría, unha peza de madeira chá e pouco grosa, polo xeral de forma rectangular e máis longa ca larga. Por extensión, peza chá e pouco grosa de certos materiais ríxidos.
Información Cadro de números ordenados conforme a un método para facilitar a obtención duns determinados valores; táboa de multiplicar ou táboa de Pitágoras; táboa de logaritmos; táboa, base de datos con características semellantes; táboa, cadro onde aparecen representados e clasificados por columnas e fileiras os elementos químicos, naturais e artificiais, por medio dun símbolo e seguindo unha escala crecente dos seus números atómicos; táboa de valores de verdade, combinación de valores de verdade que se poidan asignar ás súas compoñentes; táboa de transición de estados; táboa optométrica, táboa de medición da agudeza visual; conxunto de datos, tamén coñecido como táboa de datos; Lista, relación ordenada e sistemática de determinadas materias, que permite consultalas ou localizalas rapidamente: táboa de prezos; táboa de contido, táboa de materias dun libro ou documento.
Deportes táboas (xadrez), situación no xogo do xadrez ou das damas na que ningún dos xogadores pode gañar a partida.
Prancha alongada de material flotante sobre a que se practican deportes acuáticos e de neve. táboa de esquí; táboa de snowboard de snowboard; táboa de surf; táboa de natación, obxecto flotante utilizado para o ensino da natación;
Gastronomía Fonte de alimentos da mesma clase: táboa de queixos, preparación de diferentes queixos prontos para comer. táboa xiratoria, base que se coloca sobre a mesa para que xiren os alimentos
Textos Táboas da Lei, pedras en que está escrito o decálogo que Deus entregou a Moisés no monte Sinaí segundo a Biblia (Ex 20, 1-17; Dt 5, 6-21).
Miscelánea táboa redonda, táboa mística de Camelot onde Artur e os seus cabaleiros sentaban a matinar sobre asuntos cruciais para a seguridade do reino. táboa, pintura que se fai sobre unha madeira plana. táboa de lavar, ferramenta deseñada para lavar a roupa a man; '''táboas, escenario dun teatro.