Unha extinción en masa, evento de extinción ou crise biótica é un amplo e rápido decrecemento de biodiversidade na Terra. Dito evento identifícase por un abrupto cambio na diversidade e abundancia dos organismos multicelulares. Ocorre cando a taxa de extinción se incrementa con respecto á taxa de especiación. Como a maioría da diversidade e da biomasa da Terra é microbiana, e, por tanto, difícil de medir, os eventos de extinción rexistrados afectan os compoñentes complexos e doados de observar da biosfera en vez de á total diversidade e abundancia da vida.

A extinción ocorre a unha velocidade desigual. Baseándose no rexistro fósil, a taxa de extinción de fondo na Terra é de aproximadamente dúas a cinco familias taxonómicas de animais mariños a cada millón de anos. Os fósiles mariños son os que se utilizan principalmente para medir as taxas de extinción debido ao seu superior rexistro fósil e rango estratigráfico comparados cos animais terrestres.

O evento da grande oxixenación foi probablemente o primeiro grande episodio de extinción. Desde a explosión cámbrica houbo cinco grandes extincións en masa máis que excederon significativamente a taxa de extinción de fondo. A máis recente e mellor coñecida, a extinción do Cretáceo-Paleoxeno, que ocorreu aproximadamente hai 66 millóns de anos, foi unha extinción en masa a grande escala de especies de animais e plantas nun curto período de tempo xeolóxico. Ademais das cinco maiores extincións en masa, hai tamén numerosas outras menores, e a extinción en masa que puxeron en marcha as actividades humanas chámase ás veces a sexta extinción. As extincións en masa parecen ser un fenómeno principalmente do Fanerozoico, con taxas de extinción baixas antes de que aparecesen os organismos complexos grandes.

As estimacións da cantidade de extincións en masa grandes nos últimos 540 millóns de anos van desde só cinco a máis de vinte. Estas diferenzas débense ao limiar elixido para describir un evento de extinción como "grande" e a data elixida para medir a diversidade anterior.

Grandes eventos de extinción miniatura|Terras ermas (badlands) preto de Drumheller, Alberta, nas que a erosión deixou exposto o límite K-T. miniatura|220px|Os trilobites eran animais mariños moi prósperos ata que a extinción do Permiano–Triásico os varreu da Terra.

Nun famoso traballo publicado en 1982, Jack Sepkoski e David M. Raup identificaron cinco extincións en masa. Foron identificadas orixinalmente como casos atípicos nunha tendencia xeral de diminución das taxas de extinción durante o Fanerozoico, pero ao aplicárense probas estatísticas máis estritas aos datos acumulados, estableceuse que a vida animal multicelular sufriu cinco extincións en masa grandes e moitas pequenas. Estes eventos, chamados os "cinco grandes", non poden ser claramente definidos, senón que máis ben parecen representar os maiores (ou algúns dos maiores) dun continuo relativamente suave de eventos de extinción.

Eventos de extinción do Ordovícico-Silúrico (final do Ordovícico ou O-S): hai 450–440 Ma (millóns de anos) na transición Ordovícico-Silúrico. Ocorreron dous episodios que mataron o 27% de todas as familias, o 57% de todos os xéneros e do 60% ao 70% de todas as especies. En conxunto son consideradas por moitos científicos como a segunda máis grande das cinco extincións maiores da historia da Terra en termos de porcentaxes de xéneros que acabaron extinguíndose. Extinción do Devoniano tardío: hai 375–360 Ma preto da transición Devoniano-Carbonífero. Ao final da idade Frasniana nas partes finais do período devoniano, unha serie prolongada de extincións eliminaron un 19% das familias daquela existentes, o 50% dos xéneros e polo menos o 70% das especies. Este acontecemento de extinción durou quizais uns 20 millóns de anos, e hai probas dunha serie de pulsos de extinción durante este período. Evento de extinción do Permiano-Triásico (final do Permiano): hai 252 Ma na transición Permiano-Triásico. Foi a maior extinción da historia da Terra, que matou o 57% das familias, o 83% dos xéneros e do 90% ao 96% das especies (desapareceron un 53% das familias mariñas, un 84% dos xéneros mariños, un 96% das especies mariñas e estímase que un 70% das especies terrestres, incluíndo insectos). Os exitosos artrópodos mariños, os trilobites, extinguíronse nese momento. As evidencias que se teñen das plantas son menos claras, pero despois da extinción fixéronse dominantes novos taxons. A "Gran Mortaldade" tivo unha importancia evolutiva enorme: en terra, acabou coa primacía dos réptiles de tipo mamífero. A recuperación das vertebrados levou uns 30 millóns de anos, pero os nichos ecolóxicos|nichos baleiros crearon a oportunidade para que os arcosauros comezasen o seu dominio. Nos mares, a porcentaxe de animais que eran sésiles caeu do 67% ao 50%. O conxunto do Permiano tardío foi un tempo difícil polo menos para a vida mariña, incluso antes da "Gran Mortaldade". Evento de extinción do Triásico–Xurásico (final do Triásico): 201,3 Ma na transición Triásico-Xurásico. Extinguíronse un 23% das familias, o 48% dos xéneros (20% das familias mariñas e 55% dos xéneros mariños) e do 70% ao 75% de todas as especies. A maioría dos arcosauros non dinosauros, a maioría dos terápsidos e a maioría dos grandes anfibios foron eliminados, deixando aos dinosauros con pouca competición terrestre. Os arcosauros non dinosauros continuaron dominando os ambientes acuáticos, mentres que os diápsidos non arcosauros continuaron dominando os ecosistemas mariños. A liñaxe dos temnospóndilos de grandes anfibios tamén sobreviviron ata o Cretáceo en Australia (por exemplo, Koolasuchus). Evento de extinción do Cretáceo-Paleoxeno (final do Cretáceo, extinción K-Pg ou, anteriormente, extinción K-T): hai 66 Ma no Cretáceo (Maastrichtense)-Paleoxeno (Danense). Este evento chamábase antes extinción Cretáceo-Terciario ou extinción K-T ou límite K-T, pero agora chámase oficialmente evento de extinción Cretáceo–Paleoxeno (ou K–Pg). Extinguíronse un 17% das familias, o 50% dos xéneros e un 75% das especies. Nos mares todas as ammonitas, plesiosauros e mosasauros desapareceron e a porcentaxe de animais sésiles (os que viven fixos sen moverse) reduciuse nun 33%. Durante este tempo extinguíronse todos os dinosauros non aviarios. O evento fronteirizo foi moi grave cunha taxa de extinción dunha cantidade significativa de variabilidade entre diferentes clados. Os mamíferos e as aves, estas últimas descendentes de dinosauros terópodos, emerxeron como fauna dominante entre os animais grandes terrestres.

Malia a popularización destes cinco eventos, non hai unha fina liña de separación entre eles e outros eventos de extinción; usando diferentes métodos de calcular o impacto na extinción podería ser que outros eventos entrasen na lista dos cinco maiores.

Un dos principais problemas é que canto máis antigo é o rexistro fósil, máis difícil é lelo. Isto débese a que: Os fósiles vellos son máis difíciles de atopar dado que están xeralmente enterrados a considerable profundidade. A datación dos fósiles vellos é máis difícil. Os estratos con fósiles produtivos son máis investigados que os pouco produtivos, o que deixa certos períodos sen investigar. Os eventos ambientais prehistóricos poden alterar o proceso de depósito dos sedimentos. A preservación dos fósiles varía en terra, pero os fósiles mariños adoitan estar mellor conservados que os máis buscados fósiles de seres terrestres.Sole, R.V., and Newman, M., 2002. "Extinctions and Biodiversity in the Fossil Record – Volume Two, The Earth system: biological and ecological dimensions of global environment change" pp. 297–391, Encyclopedia of Global Environmental Change John Wilely & Sons.

Suxeriuse que as variacións aparentes na biodiversidade mariña poden realmente ser un artefacto, e as estimacións da abundancia están directamente relacionadas coa cantidade de rochas dispoñibles para tomar mostras de diferentes períodos de tempo. Porén, as análises estatísticas e outras evidencias proporcionan datos que aseguran que os eventos de extinción amplamente aceptados son reais. Unha cuantificación da exposición das rochas de Europa Occidental indica que moitos dos eventos menores para os cales se buscou unha explicación biolóxica son máis facilmente explicados por un nesgo de mostraxe.

As investigacións completadas despois destes traballos pioneiros de 1982 concluíron que está en marcha un sexto evento de extinción:

6. Extinción do Holoceno: Está producíndose actualmente. As extincións están a ocorrer unhas mil veces máis rápido que a taxa de extinción de fondo desde o ano 1900. A extinción en masa considérase un resultado do impacto da actividade humana.

Lista de eventos de extinción

Lista de episodios de extinción:Lista parcial de :Ficheiro:Extinction Intensity.png Período Extinción Data Causas posibles Cuaternario Extinción do Holoceno c. 10 000 a.C. — continúa hoxe impacto humano Evento de extinción do Cuaternario hai 640 000, 74 000 e 13 000 anos Descoñecido, pode ser por cambios climáticos e exceso de caza humana Neoxeno Extinción do límite Plioceno-Plistoceno 2 MaSupernova? impacto de Eltanin? Alteración do Mioceno medio 14,5 Ma Paleoxeno Evento de extinción do Eoceno-Oligoceno 33,9 Maimpactador de Popigai?CretáceoEvento de extinción do Cretáceo-Paleoxeno66 MaImpactador de Chicxulub; Trapps do Deccán?Evento do límite Cenomaniano-Turoniano94 Magran provincia ígnea do Caribe Extinción aptiana117 Ma Xurásico Extinción de finais do Xurásico (Titoniano) 145 Ma Recambio do Toarciano 183 MaProvincias de Karoo-Ferrar TriásicoEvento de extinción Triásico-Xurásico201 MaProvincia magmática do Atlántico central; impactador Evento pluvial do Carniano 230 Ma Fluxos basálticos de WrangelliaPermianoEvento de extinción do Permiano-Triásico 252 MaTrapps siberianos; cráter da Terra de WilkesEvento de extinción do final do Capitaniano260 MaTrapps de Emeishan?Extinción de Olson270 MaCarbonífero Colapso dosbosques do Carbonífero 305 Ma DevonianoExtinción do Devoniano tardío375–360 MaTrapps de Viluy Silúrico Evento Lau 420 MaCambios no nivel do mar e na súa química? Evento Mulde 424 MaDescenso global do nivel do mar?Jeppsson, L.; Calner, M. (2007). "The Silurian Mulde Event and a scenario for secundo—secundo events". Earth and Environmental Science Transactions of the Royal Society of Edinburgh 93 (02): 135–154. Evento Ireviken 428 MaAnoxia do océano profundo; ciclos de Milankovitch?OrdovícicoEventos de extinción do Ordovícico-Silúrico450–440 MaArrefriamento global e descenso do nivel do mar; explosión de raios gamma? Cámbrico Evento de extinción do Cámbrico–Ordovícico 488 Ma Evento de extinción do Dresbachiano 502 Ma Evento de extinción de finais do Botomiano 517 Ma Precámbrico Extinción de finais do Ediacarano 542 Ma Evento da grande oxixenación 2400 MaAumento dos niveis de oxíxeno na atmosfera debido ao desenvolvemento da fotosíntese

Importancia evolutiva

As extincións en masa ás veces aceleraron a evolución da vida na Terra. Cando o dominio de determinados nichos ecolóxicos pasa dun grupo de organismos a outro, raramente se debe a que o novo grupo dominante é "superior" ao vello, senón que normalmente se debe a que un acontecemento de extinción elimina o vello grupo dominante e deixa vía libre ao novo.

Por exemplo, os mamaliformes ("con forma de mamíferos") e despois os mamíferos existiron durante todo o reinado dos dinosauros, pero non podían competir con eles polos nichos dos grandes vertebrados terrestres que os dinosauros monopolizaban. A extinción en masa de final do Cretáceo eliminou os dinosauros non avianos e fixo posible que os mamíferos se expandisen aos nichos dos grandes vertebrados terrestres. Ironicamente, os propios dinosauros foran os beneficiarios dunha extinción en masa anterior, a do final do Triásico, que eliminou os seus principais rivais, os crurotarsos.