O Paradigma da continuidade paleolítica (PCP) (en italiano La teoria della continuità), ten orixe na teoría da continuidade paleolítica (ou TCP) é unha hipótese que suxire como data de orixe das linguas protoindoeuropeas (PIE) o Paleolítico Superior ou o Neolítico, varios milenios antes do Calcolítico ou Neolítico como suxiren outras hipóteses. O PCP postula que a chegada das linguas indoeuropeas está relacionada coa hipotética emigración, durante o paleolítico, do Homo Sapiens a partir de África para Europa e Asia. En termos de períodos cronolóxicos, Alinei admite unha cronoloxía máis antiga do que a hipótese Anatolia de Colin Renfrew (4º milenio a.C.).Alinei e Benozzo, 2016 din: "The sharp, and now at last admitted even by traditionalists (Villar 1991) differentiation of farming terminology in the different IE languages, while absolutely unexplainable in the context of Renfrew’s NDT, provides yet another fundamental proof that the differentiation of IE languages goes back to remote prehistory." (Villar, Francisco (1991) Los indoeuropeos y los orígines de Europa. Lenguaje y historia. Madrid, Gredos)

Mario Alinei presentou esta hipótese no libro Origini delle Lingue d' Europa (orixes das linguas de Europa), en dous volumes de 1996 e 2000, e é o principal defensor desta.

Historia Desde 2004, un grupo informal de estudosos defende o Paradigma da Continuidade Paleolítica en liña. Alén do lingüista Alinei, os principais membrosOs mencionados como "Comité Científico" na web do grupo de traballo PCP. son os lingüistas Xaviero Ballester (Universidade de Valencia) e Francesco Benozzo (Universidade de Boloña). Tamén están incluídos arqueólogos, o belga Marcel Otte (Universidade de Liège) un dos maiores especialistas do Paleolítico Médio e Superior, o americano Homer L. Thomas, e o alemán Alexander Häusler, especialista na prehistoria de Europa Central e o antropólogo Henry Harpending (Universidade de Utah). No grupo de traballo que desenvolve esta teoría está o académico da Real Academia Galega Gonzalo Navaza.

O Paradigma da Continuidade Paleolítica é un punto de vista minoritario, unha vez que goza de pouco apoio académico. Non está listado por Mallory entre as propostas para as orixes das linguas indoeuropeas, que lista as consideradas como críbeis.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Estudos indoeuropeos Protolingua Orixe recente africana dos humanos modernos Protolinguas derivadas Lingua protoarmenia Lingua protobaltoeslava Lingua protocéltica Lingua protoxermánica Lingua protogrega Lingua protoindoiraniana

Ligazóns externas

Indoeuropea Protoindoeuropea Categoría:Teorías