Eduardo Pérez Hervada, nado na Coruña en 1902 e finado na mesma cidade o 8 de xullo de 1996Necrolóxica en La Voz de Galicia, 11-7-1996, p. 81, foi un médico, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Gañou unha praza na Beneficencia da Coruña, onde foi visitador a domicilio, xefe do servizo hospitalario de infecciosos e enfermos mentais no Hospital Labaca e decano da Beneficencia. Dirixiu a revista Medicina Galaica e Medicina Galaica Astur e colaborou na prensa coruñesa, especialmente en El Orzán e La Voz de Galicia. Ingresou na Real Academia de Medicina de Galicia en 1949, da que foi presidente durante máis de 25 anos, ata 1991.

Obras Los males del alma y eugenesia, 1934. Hombres y pueblos, 1937. Deshumanización de la medicina. La vocación. Cerebro senil. Psicología de un suicida. Memorias íntimas de un suicida. Los nerviosos. Meningitis tuberculosa (diagnóstico, pronóstico y tratamiento), 1955. Atalaya médica, 1959. Habla el médico Eduardo Pérez Hervada, 1960. Sanos y enfermos, 1962. Curanderismo y superstición, 1972. El hombre-lobo, 1973. El diario afán, 1974. Ramón Otero Acuña. Un gaditano en Fonseca, 1980. Curanderismo en Galicia, 1984.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Eduardo Pérez Hervada

Categoría:Médicos da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega