O óso ilioVocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria, Santiago de Compostela, Universidade / Consellaría do Medio Rural, 2008 ou simplemente ilioDiccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002 (cientificamente: os ilium) é o óso que forma parte do esqueleto da cadeira, constituíndo a porción superior e posterior ensanchada do óso coxal. Durante a vida fetal é independente do resto dos ósos da cadeira. Trátase do óso máis grande da pelve, un de tres ósos que forman a cintura pelviana e liga a columna vertebral a cada extremidade inferior. O nome do óso provén do latín que significa «lombo» ou «costado».
Descrición O ilio é un óso largo e en forma de abano, que constitúe as seccións superior e lateral da pelve. É divisíbel en tres partes: o corpo —que é a parte central do óso—, a á e a crista. A separación entre as dúas primeiras está indicada na superficie interna ou abdominal por unha liña curva, a arcuata e na cara externa que dá cara á perna está separada pola marxe do acetábulo. As ás esténdense a cada banda da espiña dorsal. A crista ilíaca é a porción superior e corre desde a espiña ilíaca superior até a espiña ilíaca anterior.
Distribución O ilio está presente na maioría dos vertebrados incluíndo os mamíferos e paxaros, pero non se atopa en peixes óseos. Todos os réptiles teñen un ilio agás as serpes, malia teren algunhas especies de cobras un pequeno óso que se considera ser o ilio.
Notas
Categoría:Anatomía humana Categoría:Esqueleto