A dos ricinuleos (Ricinulei) é unha orde de arácnidos, que foi considerado durante moito tempo como un dos grupos de invertebrados máis escasos.

Apareceron no rexistro fósil no carbonífero.Order Ricinulei Thorell 1876 en Fossilworks.

Distribución Porén, agora sábese que os ricinuleos son localmente abundantes en determinadas rexións, como no norte de América do Sur.

En decembro de 2011, describíranse 58 especies, todas elas pertencentes á familia dos Ricinoididae, única con espécimes actuamente viventes, 16 das cales se encontran en Suramérica, nas zonas máis próximas ao ecuador).

A maior diversidade para este subcontinente está en Colombia e o Brasil, con catro especies en cada un destes países.

Historia natural Os ricinuleos son depredadores de pequenos artrópodos. Sábese pouco sobre os seus hábitos reprodutivos, pero observouse aos machos transferir un espermatóforo á femia usando o seu terceiro par de patas, modificado para tal efecto. Os ovos son transportados pola nai até que eclosionan as larvas, provistas de seis patas, que logo mudan transformándose en adultos de oito patas. Os ácaros tamén teñen larvas de seis patas.

Os Riricinlei viven tipicamente entre a follaxe caída no chan das selvas tropicais chuviosas, ou en covas onde a humidade é elevada, xa que a necesitan para sobreviviren.

Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1876 polo aracnólogo sueco Tord Tamerlan Teodor Thorell, na súa obra:

Thorel,T. T. (1876): "Sopra alcuni Opilioni (Phalangidea) d'Europa e dell'Asia occidentale, con un quadro dei generi europei di quest'ordine". Annali del Museo Civico di Storia Naturale Giacomo Doria, vol. 8, pp. 452-508. Ler en liña.

Etimoloxía O termo do latín científico Ricinulei é o diminutivo plural do latín ricinus 'carracha', debido á semellanza con estes outrois arácnidos, pero de menor tamaño ca eles.Ricinulei no Merriam-Webster Dictionary.

Clasificación A clase comprende unha soa familia actual, a dos ricinóididos (Ricinoididae) con tres xéneros, e dúas familias extintas, as dos Poliocheridae e os Curculioididae.Jason A. Dunlop (Berlin), David Penney (Manchester) & Denise Jekel (Berlin) (2017): "A summary list of fossil spiders and their relatives". En: Ler en liña.order Ricinulei Thorell, 1892 en BioLib.cz .

Segundo o ITIS e J. Hallan (2005),Clasificación de Hallan . a clasificación actual da orde é a seguinte:

Orde Ricinulei Thorell, 1876 Ricinulei no ITIS. Suborde Neoricinulei Selden, 1992 Neoricinulei no ITIS. Superfamilia Ricinoidoidea Ewing, 1929 Ricinoidoidea Ewing, 1929 no ITIS. Familia Ricinoididae Ewing, 1929 Ricinoididae no ITIS. Xénero Cryptocellus Westwood, 1874 Xénero Pseudocellus Platnick, 1980 Xénero Ricinoides Ewing, 1929

Filoxenia Segundo Giribet et al. (2002), as relacións filoxenéticas dos Ricinulei son as seguintes:Gonzalo Giribet, Gregory D. Edgecombe, Ward C. Wheeler & Courtney Babbitt (2002). "Phylogeny and systematic position of Opiliones: a combined analysis of chelicerate relationships using morphological and molecular data" (Resume). Cladistics. 18 (1): 5–70.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Arácnidos

Ligazóns externas Ricinulei Thorel, 1876 no ITIS. Ricinulei na EOL. order Ricinulei Thorell, 1892 Order Ricinulei Thorell 1876 en Fossilworks. order Ricinulei en Arthropoda Species File.

Categoría:Arácnidos