Tord Tamerlan Teodor Thorell, nado o 3 de maio de 1830 en Gotemburgo, e finado o 22 de decembro de 1901 en Helsingborg, foi un aracnólogo sueco.
Traxectoria Thorell estudou na Universidade de Uppsala desde 1848 e 1855, graduándose neste último ano coa defensa sa súa tese Recensio crítica Aranearum suecicarum, quas descripserunt Clerckius, Linnæus, De Geerus.
Comezou a súa carreira docente en 1856 impartindo clases de zooloxía nesta Universidade. En 1859 foi profesor adxunto e, en 1864 obtivo a cátedra de zooloxía, sempre na Universidade de Uppsala.
En 1877 problemas de saúde obrigárono a abandonar Suecia e instalarse no sur de Europa.
Permaneceu durante moito tempo na casa do marqués Giacomo Doria, fundador do Museo Cívico de Historia Natural de Xénova. Thorell estudou daquela as coleccións aracnolóxicas deste Museo.
Políglota, a súa gran reputación en aracnoloxía propiciou frutíferos intercambios con especialistas da súa época, como o británico Octavius Pickard-Cambridge (1828-1917) ou o francés Eugène Simon (1848-1924).
Publicou dúas obras importantes: en 1869, On European Spiders, e en 1870-1873, Synonym of European Spiders, así como Studi sui Ragni Malesi e Papuani. I. Ragni di Selebes raccolti nel 1874 dal Dott. Odoardo Beccari en 1874.
Descubriu e describiu numerosas novas especies de arácnidos (unhas 1 000, desde 1850 a 1900), e describiu varias novas clases destes animais.
Abreviatura A abreviatura Thorell emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Honras Os xéneros Thorellina e Thorelliola foron denominados na súa honra, así como 30 especies de arácnidos:
Araneus thorelli (Roewer, 1942) Gasteracantha thorelli Keyserling, 1864 Leviellus thorelli (Ausserer, 1871) Mandjelia thorelli (Raven, 1990) Clubiona thorelli Roewer, 1951 Malamatidia thorelli Deeleman-Reinhold, 2001 Corinnomma thorelli Simon, 1905 Ctenus thorelli F. O. P.-Cambridge, 1897 Zelotes thorelli Simon, 1914 Hypochilus thorelli Marx, 1888 Idiops thorelli O. P.-Cambridge, 1870 Trichopterna thorelli (Westring, 1861) Lycosa thorelli (Keyserling, 1877) Lycosula thorelli (Berland, 1929) Pardosa thorelli (Collett, 1876) Mecicobothrium thorelli Holmberg, 1882 Miturga thorelli Simon, 1909 Spermophora thorelli Roewer, 1942 Cispius thorelli Blandin, 1978 Bavia thorelli Simon, 1901 (Sulawesi) Pancorius thorelli (Simon, 1899) Talavera thorelli (Kulczyn'ski, 1891) Pseudopoda thorelli Jäger, 2001 Afroblemma thorelli (Brignoli, 1974) Mesida thorelli (Blackwall, 1877) Chilobrachys thorelli Pocock, 1900 Cyriopagopus thorelli (Simon, 1901) Helvibis thorelli Keyserling, 1884 Theridion thorelli L. Koch, 1865 Tmarus thorelli Comellini, 1955
Categoría:Científicos de Suecia Categoría:Zoólogos de Suecia Categoría:Nados en 1830 Categoría:Nados en Gotemburgo Categoría:Finados en 1901