María Jesús García Souto, nada en Sobrado en 1975, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria Xerente do polígono de Bergondo. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura independente Todos Por Sobrado e foi elixida concelleira. Os dous concelleiros electos de Todos por Sobrado non apoiaron a elección do alcalde Lisardo Santos Ares do PSdeG. En marzo de 2017 presentou unha moción de censura apoiada polo PPdeG e foi elixida alcaldesa de Sobrado"Una moción de censura arrebata al PSdeG la alcaldía del concello de Sobrado", Faro de Vigo, 29 de marzo de 2017 .. Porén, unha nova moción de censura levou de novo a alcaldía a mans de Lisardo Santos en abril de 2018"Sae adiante a moción de censura en Sobrado dos Monxes nun tenso pleno con berros e apupos" , CRTVG, 12 de abril de 2018.El PSOE recupera Sobrado dos Monxes en una moción de censura con intervención de la Guardia Civil, tralas desavinzas entre independentes e populares, e contar os socialistas co apoio dun edil popular que accedera recentemente á corporación e que se inscribiu como non adscrito para facilita-la moción.

Presentouse de novo á alcaldía nas eleccións municipais de 2019 encabezando a lista do PPdeG. Revalidou os 2 concelleiros obtidos como independente, pero non mellorou os resultados de 2015, cando o PPdeG perdera a maioría absoluta despois de 16 anos no poder na vila, véndose superada por unha ampla maioría do socialista Lisardo Santos, que logrou 7 edís.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Sobrado

Categoría:Alcaldes de Sobrado Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Sobrado Categoría:Nados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes