A dos palpígrados (Palpigradi) é unha pequena orde de arácnidos depredadores que comprende unhas 80 especies.

Características Son de tamaño diminuto (non miden máis de 3 mm) e áchanse en todo o mundo, excepto nas zonas polares.

Parecen esquizómidos en miniatura porque, como eles, teñen o opistosoma terminado nun longo flaxelo multiarticulado.

A súa cutícula é moi fina, teñen os quelíceros formados por tres artellos acabados en quelas (pinzas) e os pedipalpos son similares a patas. Carecen de ollos, aparato respiratorio e tubos de Malpighi, e os aparatos circulatorio e reprodutor están moi simplificados.

Os palpígrados son endoxeos (solo) ou hipoxeos (covas), hábitats onde encontran a humidade que requiren. Aliméntanse de pequenos habitantes do solo, como colémbolos e ácaros.

Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1888 polo aracnólogo sueco Tord Tamerlan Teodor Thorell na súa obra:

Thorell, Tord T. T. (1888): "Pedipalpi e Scorpioni dell'Arcipelago Malese conservati nel Museo Civico di Storia Naturale di Genova". Annali del Museo Civico di Storia Naturale di Genova 26, ser. 2, (6): 327–428.

Etimoloxía O nome científico Palpigradi está formado polos elementos do latín científico palp-, derivado do latín palpus, 'palpo' (derivado do verbo palpare, 'palpar', 'tocar') e -gradi, do plural de gradus, 'paso', 'marcha', unbidos cun -i- epentético para facilitar a pronuncia.Palpigradi no Merriam-Webster Dictionary.

Clasificación Segundo J. Hallad (2005) e o ITIS a orde comprende unha superfamilia con dúas familias, cun total de seis xéneros:Hallan, J. (2005): "Synopsis of the Described Palpigradi of the World". En: Hallan, J. (ed.) Biology Catalog. Ler en liña en: Palpigradi Consultada o 28-03-2017.Palpigradi Thorell, 1888 no ITIS. Orde Palpigradi Thorell, 1900 Superfamilia Eukoenenioidea Petrunkevitch, 1955 Eukoenenioidea Petrunkevitch, 1955 no ITIS. Familia Eukoeneniidae Petrunkevitch, 1955 Eukoeneniidae Petrunkevitch, 1955 no ITIS. Xénero Allokoenenia Silvestri, 1913 Xénero Eukoenenia Börner, 1901 Xénero Koeneniodes Silvestri, 1913 Xénero Leptokoenenia Condé, 1965 Familia Prokoeneniidae Condé, 1996 Prokoeneniidae Condé, 1996] no ITIS. Xénero Prokoenenia Börner, 1901 Xénero Triadokoenenia Condé, 1991

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Roth, V. D. & Brown, W. L. (1976): "Other intertidal air breathing arthropods" en: Cheng, L. Marine Insects. North-Holland Publishing, Amsterdam - Oxford; American Elesevier Publishing, Nova York. Ler en liña en: Marine Insects, Lanna Cheg, ed.

Outros artigos Arácnidos

Ligazóns externas Palpigradi no WoRMS. Palpigradi Thorell, 1888 no ITIS. Palpigradi en Fauna Europaea. Palpigradi na EOL. Palpigradi no NCBI.

Categoría:Arácnidos