Hyphochytriomycota, ou os hifoquitridios, é un pequeno grupo de eucariotas uniflaxelados mariños do grupo de heterocontos. Viven dun xeito similar aos fungos e producen zoosporas mais, pola contra, teñen paredes celulares nalgunhas fases do ciclo de vida e por ela absorben nutrientes. Son acuáticos e osmotróficos, que se nutren como simbiotrofos de algas ou fungos, ou como saprófitos de insectos e detritos de plantas.
Este grupo componse de 24 especies en 6 xéneros.David Moore, Geoffrey D. Robson, Anthony P. J. Trinci. 21st Century Guidebook to Fungi Kindle Edition. Cambridge University Press, 15 de agosto de 2011. ISBN 978-1107419711. Estiveron clasificando como fungos e protistas ata recentes clasificacións.
Características Na súa fase vexetativa semellan hifas, como as dos fungos. Porén, esas hifas que forman non teñen óculos. As hifas son de talos rizoidais, que ou só teñen un talo ou van bifurcando de dous en dous. O seu sistema rizoidal, coa forma de hifas, é o que lle dá nome ao grupo (co prefixo "hypho-").
As hifas producen células reprodutivas móbiles, zoosporas. Estas teñen un flaxelo que vai cara a súa parte anterior e que ten unha pelame flaxelar, ou mastigonemas. Ese flaxelo das zoosporas, que lle dá mobilidade natatoria, caracteriza ao grupo.
Na parede celular teñen quitina e celulosa.
Clasificación Este grupo tense clasificado como filo ou clase, subclase e mesmo orde, e por iso, ténselle chamado Hyphochytriomycota, Hyphochytriomycetes (ou Hyphochytrea), Hyphochytriomycetidae (ou Hyphochytridae) e Hyphochytriales, respectivamente. Ás veces empréganse as variantes Hyphochytridiomycota e Hyphochytridiomycetes, ben por analoxía con Chytridiomycetes ou por perpetuación dun erro ortográfico. Malia a todo, a raíz do nome deste taxon é Hyphochytri- (de Hyphochytrium) e non Hyphochytridi- (de Chytridium)David, J. C. (2002). A preliminary catalogue of the names of fungi above the rank of order. Constancea 83: 1–30, .
No pasado as clases Hyphochytridiomycetes, Oomycetes e Chytridiomycetes, ao seren entendidos como fungos con flaxelos, esporas e gametos, tivéronse agrupado dentro de Mastigomycotina. Porén, agora ese taxon está obsoleto. Chytridiomycetes seguense a considerar como verdadeiros fungos, mais os outros dous subgrupos clasifícanse no reino de Protista ou no grupo de Stramenopiles.
Hyphochytriomycetes son pseudofungos que está próximos a Oomycetes. Unha clasificación deste grupo é:
Filo Hyphochytriomycota Whittaker (1969) Clase Hyphochytriomycetes Sparrow ex M.W. Dick (1983) Orde Hyphochytriales Bessey 1950 ex Sparrow 1960 Familia Hyphochytriaceae Fischer 1892 Xénero Canteriomyces Sparrow 1960 Xénero Cystochytrium Ivimey Cook 1932 Xénero Hyphochytrium Zopf 1884 [Hyphophagus Minden 1911] Familia Rhizidiomycetaceae Karling ex Kirk, Cannon & David 2001 Xénero Latrostium Zopf 1894 Xénero Reessia Fisch 1883 Xénero Rhizidiomyces Zopf 1884 [Rhizidiomycopsis Sparrow 1960]
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ligazóns externas Hyphochytriomycetes en UniProt
Categoría:Eucariotas Categoría:Protistas Categoría:Algas