Francisco Gómez Núñez, Trotsky ou Penabad, nado en Celeiro (Viveiro) o 13 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello en 1995, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Mariñeiro. Na II República foi membro do Sindicato Único de Oficios Varios de Viveiro, afecto á CNT. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou nos intentos de resistencia ao golpe, marchou a Coruña, e despois botouse ao monte con José Neira Fernández. Foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e declarado en rebeldía. Afiliouse ao PCE en 1942. Logo da morte de Neira pertenceu á III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, onde estivo destinado á partida que operou na Terra de Melide e a Ulloa comandada por Ramón Rodríguez Varela "Curuxás", e despois á IV Agrupación no grupo de Leonardo Gómez Pérez. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros 21 guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Instalouse en Grenoble. Finou en Viveiro en 1995.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia
Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes