A dos cefalocáridos (Cephalocarida) é unha pequena clase de crustáceos que comprende tan só 10 especies bentónicas.
Estas especies están agrupadas na única orde dos braquípodos (Brachypoda), e na súa única familia, a dos hutchisoniélidos (Hutchinsoniellidae),Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3. que comprende cinco xéneros.
Foi descuberta en 1955. Non existe rexistro fósil do grupo, aínda que algúns especialistas suxiren un parecido cos crustáceos primitivos.
Características A anatomía dos cefalocáridos é simple, comparada coa doutros crustáceos (especialmente cos malacostráceos). O seu tamaño é moi pequeno, de entre 2 e 4 mm de lonxitude. O corpo é longo, comprimido na zona cefálica, sen ollos compostos, cun tórax dividido en oito segmentos con apéndices birrámeos, sen maxilípedos, e un abdome con once segmentos, no último dos cales articúlase o telson, pero nom outros apéndices.
O segundo par de maxilas garda semellanza cos apéndices torácicos. Os ollos están incluídos no exoesqueleto, o cal dificulta a súa apreciación.
Ecoloxía Os cefalocáridos son todos mariños e bentónicos. Habitan desde a zona intermareal até unha profundidade de 1 500 m, sobre todo tipo de sedimentos. Aliméntanse de detritos mariños, para cuxa captación xeran correntes cos apéndices torácicos, como os branquiópodos.
Taxonomía Descrición A clase foi descrita en 1955 polo zoólogo estadounidense Howard L. Sanders especialista en ecoloxía bentónica oceánica, no seu traballo "The Cephalocarida, a new subclass of Crustacea from Long Island Sound". Proceedings of the National Academy of Science 41: 61-66.
Clasificación Segundo o WoRMS e máis o ITIS, a clasificación dos cefalocáridos, até o nivel de xénero é a seguinte:Cephalocarida no WoRMS.Cephalocarida Sanders, 1955 no ITIS.
Clase Cephalocarida Sanders, 1955 Orde Brachypoda Birshteyn, 1960 Familia Hutchinsoniellidae Sanders, 1955 Cephalocarida no Tree of Life. Xénero Chiltoniella Knox & Fenwick, 1977 Xénero Hampsonellus Hessler & Wakabara, 2000 Xénero Hutchinsoniella Sanders, 1955 Xénero Lightiella Jones, 1961 Xénero Sandersiella Shiino, 1965
Filoxenia
Os Remipedia e os Cephalocarida forman parte dun clado denominado Xenocarida. Os xenocáridos propuxéronse como o clado irmán dos Hexapoda.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
Outros artigos Crustáceos Etomostráceos
Ligazóns externas Cephalocarida no WoRMS. Cephalocarida Sanders, 1955 no ITIS. Cephalocarida no Tree of Life. Class Cephalocarida Sanders 1955 en Fossilworks. Cephalocarida na ADW. Cephalocarida na EOL. Cephalocarida no NCBI.