"Amongst the Waves" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam, publicada o 21 de xuño de 2010 como terceiro sinxelo do álbum Backspacer. A súa música está composta polo guitarrista Stone Gossard e a letra polo vocalista Eddie Vedder. O día 17 de maio a canción puido escoitarse por vez primeira na radio. O tema acadou o número 17 da lista Billboard Alternative Songs. Realizouse un vídeo musical para o sinxelo lanzado en xuño de 2010.

Listaxe de cancións Todas as letras escritas por Eddie Vedder "Amongst the Waves" (Música: Stone Gossard) – 3:58 "The End" (Música: Vedder) – 2:55

Categoría:Sinxelos de 2010 Categoría:Cancións de Pearl Jam