miniatura|240x240px|Monumento a Cavalieri por Giovanni Antonio Labus, Palacio de Brera, Milán, 1844 Bonaventura Francesco Cavalieri nado en Milán en 1598 e finado en Boloña o 30 de novembro de 1647 foi un matemático italiano pertencente á orde dos Xesuatos, considerado un dos precursores do cálculo infinitesimal moderno.

Traxectoria Foi alumno de Galileo Galilei, e ensinou matemáticas en Boloña (1629). O seu interese polas matemáticas foi estimulado polos traballos de Euclides e tras coñecer a Galileo, considerouse como un discípulo deste astrónomo.

En Pisa, Cavalieri foi educado en matemáticas por Benedetto Castelli, un profesor de matemáticas na universidade desa cidade. En 1629 Cavalieri foi nomeado profesor de matemáticas en Boloña.

Foi o primeiro en introducir en Italia o cálculo logarítmico, pero debe a súa celebridade á súa teoría dos "indivisibles", que expuxo en Geometria indivisibilibus continuorum quadam nova ratione promota (1635). Esta teoría estuda as magnitudes xeométricas como compostas dun número infinito de elementos, ou indivisibles, que son os últimos termos da descomposición que se pode facer. A medida das lonxitudes, das superficies e dos volumes convértese na suma da infinidade de indivisibles: é o principio do cálculo dunha integral definida, aínda que sen a noción rigorosa moderna de paso ao límite. Por isto pode ser considerado como un dos precursores da análise infinitesimal moderna. O principio de Cavalieri fundaméntase nesta teoría.

Así mesmo figurou entre os primeiros que ensinaron a teoría copernicana dos planetas. Outros traballos seus dignos de renome son o desenvolvemento dado á trigonometría esférica, así como o descubrimento das fórmulas relativas aos focos dos espellos e das lentes.

Recoñecementos Segundo Gilles-Gaston Granger, Cavalieri, xunto con Newton, Leibniz, Pascal, Wallis e MacLaurin é unha das personaxes que nos séculos XVII e XVIII "redefiniron os obxectos matemáticos".Gilles-Gaston Granger, Formes, opérations, objets, Vrin, 1994, p. 365 Cita en liña

O cráter lunar Cavalerius leva este nome na súa honra.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Mille Anni dei Scienza in Italia. Bonaventura Cavalieri

Categoría:Matemáticos de Italia Categoría:Astrónomos de Italia Categoría:Nados en Milán Categoría:Nados en 1598 Categoría:Finados en 1647