miniatura|250px|Osmerus eperlanus fritos, nun restaurante de Hamburgo. miniatura|250px|Osmerus mordax.

Osmerus é un xénero de peixes teleósteos, o tipo da orde dos osmeriformes,Osmerus Linnaeus, 1758 no WoRMS.Osmerus Linnaeus, 1758 no ITIS. así como da suborde dos osmeroideos (Osmeroidei),Osmeroidei no ITIS. e da superfamilia do mesmo nome (Osmeroidea).Osmeroidea no ITIS.

Son pequenos peixes de dorso verdoso e ventre branco, cunha banda prateada nos flancos e coa mandíbula lixeiramente prominente, que viven na parte norte do hemisferio boreal, tanto ao longo das costas do océano Atlántico como do Pacífico. Son tipicamente anádromos.

O nome vulgar galego, eperlán,Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 59. provén do francés éperlan, e este do franco *spirling, do que derivan tamén os seus nomes en alemán (Spierling) e en neerlandés (spirling).eperlano no DRAE.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1758 polo naturalista sueco Carl von Linné, na 10ª edición do seu Systema Naturae.

Porén, algúns autores atribúenlle a descrición a Forsskål en 1775.Osmerus Forskal 1775 en Fossilworks.

Etimoloxía O nome científico Osmerus deriva do grego antigo ὀσμή osmḗ, "olor", "cheiro", "fragrancia", en referencia ao aroma característico da carne dos peixes deste xénero.Woodhouse, S. C. (1910): English-Greek Dictionary - A Vocabulary of the Attic Language. George Routledge & Sons Ltd., Broadway House, Ludgate Hill, E. C. Searchable JPEG fulltextGlare, P. G. W. ed. (1968–1982): Oxford Latin Dictionary (1st ed.). Oxford (UK): Oxford University Press. ISBN 0-19-864224-5.FishBase (2006): Order Osmeriformes.

Sinónimos O xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Eperlanus Rutty, 1772 Eperlanus Gaimard, 1851

Especies O xénero comprende as tan só dúas especies:Osmerus en Fauna Europaea.

Xénero Osmerus Linnaeus, 1758 Osmerus eperlanus (Linnaeus, 1758) — eperlán europeo Osmerus mordax (Mitchill, 1814) — eperlán arco da vella

Aínda que algúns autores recoñecen tamén a: Osmerus dentex Steindachner & Kner, 1870 Osmerus na ADW. — eperlán ártico , que é aceptada hoxe como a subespecie Osmerus mordax dentex Steindachner & Kner, 1870.

E, na FishBase, tamén se recoñece a especie:Especies do xénero Osmerus en FishBase. Osmerus spectrum Cope, 1870, denominado en inglés pygmy smelt (eperlán pigmeo), que nin o WoRMS nin o ITIS consideran.

Esta especie convive co eperlán arco da vella (Osmerus mordax) e distínguese del polo seu crecemento máis lento, a maduración máis temperá, a vida máis curta, a desova máis tardía e polos seus alimentos máis pequenos.Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2012): Osmerus spectrum Cope, 1870 en FishBase. Os datos xenéticos suxiren que ambas as especies evolucinaron independentemente nos lagos onde viven.Taylor, E. B. & Bentzen, P. (1993): "Evidence for multiple origins and sympatric divergence of trophic ecotypes of smelt (Osmerus) in northeastern North America". Evolution 47: 813-838.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, W. N.; R. Fricke & R. van der Laan, eds. (2016): Catalog of Fishes: Genera, Species, References. (Ver en liña). Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World (4th ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7. Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.

Outros artigos Osmeriformes Osméridos

Ligazóns externas Osmerus Linnaeus, 1758 no WoRMS. Osmerus Linnaeus, 1758 no ITIS. Especies do xénero Osmerus na FishBase. Osmerus na ADW. Osmerus na EOL.

Categoría:Osmeriformes Categoría:Taxons descritos por Linné