Marius Ivanovich Petipa (), nado Victor Marius Alphonse Petipa o 11 de marzo de 1818 en Marsella (Francia) e finado en Gurzuf (Imperio Ruso) o , foi un bailarín, pedagogo e coreógrafo francés e ruso. Petipa adicou case sesenta anos da súa vida ao ballet e é considerado o mestre de ballet e coreógrafo máis influente da historia do ballet, sendo denominado como o "pai do ballet clásico".
Traxectoria Marius Petipa naceu en Marsella (Francia) o 11 de marzo de 1818, fillo da actriz tráxica e profesora de teatro Victorine Grasseau e de Jean-Antoine Petipa, un dos mestres de ballet de maior renome de Europa. Recibiu as súas primeiras leccións de ballet da man de seu pai aos sete anos, debutando con tan só doce anos no Théâtre de la Monnaie de Bruxelas nunha produción de La Dansomanie. En 1847 marchou a Rusia, onde en 1869 foi nomeado director do Ballet Imperial Ruso, país onde desenvolveu a maior parte da súa carreira e onde produciu a maior parte da súa creación.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Beaumont, Cyrl W. Complete Book of Ballets. Garafola, Lynn / Petipa, Marius. The Diaries of Marius Petipa. Trans, Ed., e introdución por Lynn Garafola. Publicado en Studies in Dance History. 3.1 (Spring 1992). Guest, Ivor Forbes. Jules Perrot – Master of the Romantic Ballet. Guest, Ivor Forbes. Letters from a Ballet Master – The Correspondence of Arthur Saint-Léon. Editado e introdución por Ivor Guest. Nekhendzi, A. (comp.) "Marius Petipa, Materials, recollections, articles" () Ed. Yuri Slonimsky et al. (Leningrad State Theater Museum 1971). Petipa, Marius. Memuary Mariusa Petipa solista ego imperatorskogo velichestva i baletmeistera imperatorskikh teatrov (The Memoirs of Marius Petipa, Soloist of His Imperial Majesty and Ballet Master of the Imperial Theatres). Wiley, Roland John. Dances from Russia: An Introduction to the Sergeyev Collection Published in The Harvard Library Bulletin, 24.1 de xaneiro de 1976. Wiley, Roland John, ed. e translator. A Century of Russian Ballet: Documents and Eyewitness Accounts 1810–1910. Wiley, Roland John. The Life and Ballets of Lev Ivanov. Wiley, Roland John. Tchaikovsky's Ballets.
Ligazóns externas Información biográfica de Marius Petipa
Categoría:Nados en 1818 Categoría:Finados en 1910 Categoría:Nados en Marsella Categoría:Mestres de ballet de Francia Categoría:Coreógrafos de ballet de Francia Categoría:Coreógrafos do Teatro Mariinsky Categoría:Bailaríns de ballet de Francia