China Airlines (CAL) (chinés: 中華航空; pinyin: Zhonghuá Hángkong) é a aeroliña nacional e a máis grande da república da China (Taiwán). A súa sede atópase no aeroporto Internacional de Taiwán Taoyuan e ten 11.154 empregados. China Airlines opera uns 1.400 voos semanais a 115 aeroportos de 114 cidades (incluídos códigos compartidos) de Asia, Europa, Norteamérica e Oceanía. A división de carga opera 91 voos semanais a 33 destinos. A aeroliña foi no 2013 a 21ª do mundo en termos de beneficios de pasaxeiros por quilómetro, e a 10ª por carga. China Airlines ten tres subsidiarias: Mandarin Airlines realiza voos a destinos domésticos de baixa demanda; China Airlines Cargo, membro de Skyteam Cargo, opera unha frota de cargueiros e xestiona a carga da compañía matriz; Tigerair Taiwan é unha aeroliña de baixo custo creada por China Airlines e o grupo singapuriano Tigerair Holdings.
Frota En novembro de 2016 a frota da China Airlines estaba formada polos seguintes avións:
+ Frota da China Airlines Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas C W S Y TotalAirbus A330-30024—36 — —27731330 — —277307Airbus A340-3004—30——246276Van ser retirados e substituídos polo Airbus A350-900Airbus A350-900 212323112231306Boeing 737-8002228——1501588——156164Boeing 747-4007—61——31437561——31938070——319389Boeing 777-300ER10—406230226358 Boeing 747-400F18——</abbr>Cargo Total8714
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da aeroliña
Notas
Categoría:Aeroliñas de Taiwán Categoría:Aeroliñas nacionais Categoría:SkyTeam