Naja é un xénero de serpes velenosas da familia dos elápidos, que poden estender as súas costelas na zona do pescozo. Varias especies deste xénero viven en rexións de África, suroeste de Asia, sur de Asia e sueste de Asia. Reciben o nome de cobras. (Ver acepción 2).
Ata hai pouco o xénero Naja tiña de 20 a 22 especies, pero sufriu varias revisións taxonómicas en anos recentes, polo que as fontes varían moito en canto ás especies que comprende. Porén, hai un amplo apoio á revisión feita en 2009, que considerou sinónimos de Naja os xéneros Boulengerina e Paranaja. Segundo esta revisión, o xénero Naja agora inclúe 28 especies. miniatura|Naja naja, a cobra da India. miniatura|Disección dunha cabeza de Naja melanoleuca que mostra (A) os cairos e (B) a glándula do veleno.
Etimoloxía e nome
A orixe do nome deste xénero podería ser a palabra sánscrita nāga, que significa 'serpe' e podería estar relacionada coa raíz xermánica snak, como en inglés snake, ou, máis probablemente, coa palabra tamén sánscrita nagna, que significa 'sen pelo, espido'.
Os nomes comúns galegos que se lle teñen dado a estas especies son naia e cobra.Servizo de Normalización Lingüística da USC Pero téñase en conta que cobra aquí está usada na 2ª acepción do Dicionario da Real Academia Galega (DRAG), que é un significado específico e restrinxido que se refire a certas serpes elápidas que poden estender as costelas, tamén usada con ese significado en castelán (que tomou a palabra do portugués). Non obstante, a palabra cobra en galego ten tamén unha acepción máis xeral e máis usada (1ª acepción do DRAG), que a fai sinónima de serpe, especialmente colúbrida. De feito, as especies de colúbridos adoitan ter o nome de "cobra de..." en galego, como se pode ver na lista de réptiles de Galicia. Cómpre indicar que na literatura reciben igualmente o nome de cobra outras especies de elápidos que non son do xénero Naja, como por exemplo a cobra real (Ophiophagus hannah), ou a cobra cuspidora Hemachatus haemachatus. Outros elápidos, como as mambas, non reciben o nome de cobra.
Descrición
As especies do xénero Naja varían en lonxitude e a maioría teñen corpos relativamente delgados. A maioría das especies chegan a lonxitudes de 1,84 m. A lonxitude máxima nalgunhas especies grandes é duns 3,1 m, e a Naja melanoleuca é a especie máis longa. Todas as naias ou cobras teñen a característica habilidade de erguer a parte anterior do seu corpo e de aplanar os seus pescozos (dilatando as costelas) para parecer máis grandes ante un potencial predador.
Taxonomía
O xénero contén varias complexos de especies con especies estreitamente relacionadas e a miúdo similares, e algunhas delas só foron descritas ou definidas recentemente. Varios estudos taxonómicos recentes revelaron a existencia de especies non incluídas na lista actual do ITIS:
Naja anchietae (Bocage, 1879) é considerada unha subespecie de N. haje por Mertens (1937) e de N. annulifera por Broadley (1995). Broadley e Wüster (2004) trátana como unha especie separada.Broadley, D.G. & W. Wüster (2004) A review of the southern African 'non-spitting' cobras (Serpentes: Elapidae: Naja). African Journal of Herpetology 53:101–122. Naja arabica Scortecci, 1932, foi durante moito tempo considerada unha subespecie de N. haje, pero recentemente elevouse á categoría de especie. Naja ashei Broadley e Wüster, 2007 é unha especie de nova descrición atopada en África. Naja nigricincta Bogert, 1940 foi durante moito tempo considerada como unha subespecie de N. nigricollis, pero atopouse recentemente que era un especie separada (con N. n. woodi como subespecie). Naja senegalensis Trape et al., 2009 é unha especie nova que comprende o que previamente se consideraba que eran as poboacións de sabana de África occidental de N. haje.
Dous estudos de filoxenia molecular recentes tamén apoian a incorporación en Naja das especies normalmente asignadas aos xéneros Boulengerina e Paranaja, xa que ambas están moi relacionadas con Naja melanoleuca.Nagy, Z.T., Vidal, N., Vences, M., Branch, W.R., Pauwels, O.S.G., Wink, M., Joger, U., 2005. Molecular systematics of African Colubroidea (Squamata: Serpentes). In: Huber, B.A., Sinclair, B.J., Lampe, K.-H. (Eds.), African Biodiversity: Molecules, Organisms, Ecosystems. Museum Koenig, Bonn, pp. 221–228.
Wallach et al. suxeriron o recoñecementode catro subxéneros dentro de Naja, que son: Naja para as naias ou cobras asiáticas, Boulengerina para as de bosque, de auga ou que se enterran africanas, Uraeus para o grupo das especies exipcias e do Cabo, e Afronaja para as especies cuspidoras africanas.
Especies
EspeciesAutoridadeSubesp.*NomeÁrea xeográficaN. anchietaeBocage, 18790 Angola, Botswana, Namibia, Zambia, leste de ZimbabweN. annulata(Buchholz e Peters, 1876)1Camerún, República Centoafricana, República Democrática do Congo, República do Congo (antes Zaire), Guinea Ecuatorial, Gabón, Ruanda, e a provincia de Cabinda de AngolaN. annuliferaPeters, 18540 Botswana, Malaui, Mozambique, Suráfrica, Eswatini, Zambia, Zimbabwe†N. antiquaRage, 19760 Estratos de idade miocena de MarrocosN. arabicaScortecci, 19320Omán, Arabia Saudita, IemenN. asheiWüster e Broadley, 20070Sur de Etiopía, Kenya, Somalia, leste de UgandaN. atraCantor, 18420Sur da China, norte de Laos, Taiwán, norte de VietnamN. christyi(Boulenger, 1904)0República Democrática do Congo, República do Congo, provincia de Cabinda de AngolaN. hajeLinnaeus, 17580 Tanzania, Kenya, Somalia, Etiopía, Uganda, o Sudán do Sur, o Sudán, o Camerún, Nixeria, Níxer, Burkina Faso, Malí, o Senegal, Mauritania, Marrocos, Alxeria, Tunisia, Libia, Exipto†N. ibericaSzyndlar, 1985Estratos de idade miocena de EspañaN. kaouthiaLesson, 18310Bangladesh, Bután, Birmania, Camboxa, sur da China, lesta da India, Laos, noroeste de Malaisia, Nepal, Tailandia, sueste do Tíbet, VietnamN. katiensisAngel, 19220Benín, Burkina Faso, o Camerún, Ghana, Guinea, Costa do Marfil, Malí, Gambia, Mauritania, Níxer, Nixeria, o Senegal, TogoN. mandalayensisSlowinski & Wüster, 20000BirmaniaN. melanoleucaHallowell, 18570Angola, Benín, Burkina Faso, Burundi, Camerún, República Centroafricana, Chad, República Democrática do Congo (antes Zaire), Congo, Etiopía, Gabón, Ghana, Gambia, Guinea, Guinea-Bissau, Costa do Marfil, Kenya, Liberia, Malaui, Malí, Mozambique, Níxer, Nixeria, Ruanda, Sao Tomé, Senegal, Serra Leoa, Somalia, Suráfrica, Sudán, Tanzania, Togo, Uganda, Zambia, ZimbabweN. mossambicaPeters, 18540extremo sueste de Angola, Botswana, Malawi, Mozambique, Somalia, nordeste de Namibia, Suráfrica, Eswatini, Tanzania (incluíndo a illa de Pemba), Zambia, ZimbabweN. multifasciataWerner, 19020Camerún, Congo, República Democrática do Congo (antes Zaire), GabónN. naja(Linnaeus, 1758)0Bangladesh, Bután, India, Nepal, Paquistán, Sri LankaN. nigricinctaBogert, 19401Angola, Namibia, SuráfricaN. nigricollisReinhardt, 18430Angola, Benín, Burkina Faso, Burundi, Camerún, República Centroafricana, Chad, República Democrática do Congo (agás no centro), Congo, Etiopía, Gabón, Gambia, Ghana, Guinea-Bissau, Guinea, Costa do Marfil, Kenya, Liberia, Malí, Mauritania, Namibia, Níxer, Nixeria, Ruanda, Senegal, Serra Leoa, Sudán, Tanzania, Somalia, Togo, Uganda, ZambiaN. nivea(Linnaeus, 1758)0Botswana, Lesoto, Namibia, SuráfricaN. nubiaeWüster & Broadley, 20030Chad, Exipto, Eritrea, Níxer, SudánN. oxiana(Eichwald, 1831)0Afganistán, nordeste da India, Irán, Kirguizistán, Paquistán, Taxiquistán, Turkmenistán, UzbequistánN. pallidaBoulenger, 18960Xibuti, Etiopía, Kenya, Somalia, TanzaniaN. philippinensisTaylor, 19220Filipinas (Luzón, Mindoro)†N. romaniHofstetter, 19390†Estratos de idade miocena de Francia, Alemaña, Austria, Romanía e Ucraína N. sagittiferaWall, 19130India (illas Andamán)N. samarensisPeters, 18610Filipinas (Mindanao, Bohol, Leite, Samar, Camiguín)N. senegalensisTrape, Chirio & Wüster, 20090Benín, Burkina Faso, Ghana, Guinea, Malí, Níxer, Nixeria, Senegal N. siamensisLaurenti, 17680Camboxa, Laos, Tailandia, VietnamN. sputatrixF. Boie, 18270Indonesia (Xava, Illas da Sonda menores, Timor Leste)N. sumatranaMüller, 18870Brunei, Indonesia (Sumatra, Borneo, Bangka, Belitung), Malaisia, Filipinas (Palawan), sur de Tailandia, Singapur * Non inclúe a subespecie nomeada. † Extinta. T Especie tipo.Zhao E, Adler K. 1993. Herpetology of China. Society for the Study of Amphibians and Reptiles. 522 pp. ISBN 0-916984-28-1.
Veleno
+ Especies de Naja máis velenosas Posición Especies LD50 subcutánea (SC) 1 N. oxiana || 0,10 mg/kg |- | 2 || N. philippinensis 0,14 mg/kg 3 N. samarensis || 0,21 mg/kg |- | 4 || N. melanoleuca 0,225 mg/kg 5 N. siamensis || 0,25 mg/kg |- | 6 || N. atra 0,28 mg/kg 7 N. naja|| 0,29 mg/kg |- | 8 || N. nivea 0,37 mg/kg 9 N. kaouthia ||0,47 mg/kg |- | 10 || N. sumatrana 0,60 mg/kg
Todas as especies do xénero Naja teñen unha mordedura potencialmente mortal para un humano. A maioría das especies teñen un veleno fortemente neurotóxico, que ataca o sistema nervioso, causando parálise, pero moitas tamén teñen veleno con propiedades citotóxicas, que causan inchamento e necrose e teñen un efecto anticoaguante significativo. O veleno dalgunhas ten tamén compoñentes cardiotóxicos.
Varias especies de Naja, que se denominan "cuspidoras", teñen un mecanismo de aplicación do veleno especializado diferente da inxección hipodérmica habitual, no cal os seus cairos teñen unha abertura estriada na parte frontal que lles permite lanzar o veleno polo aire contra a súa vítima. Aínda que se lle adoita chamar a isto "cuspir", en realidade parécese máis a lanzar un chorro. O alcance e a exactitude coa cal poden disparar o seu veleno varía entre as especies, pero utilízase principalmente como un mecanismo de defensa. Unha vez que o veleno foi asperxido sobre a pel da vítima, o veleno actúa como un forte irritante. Se chega a introducirse nos ollos, pode causar unha grave sensación de queimadura e unha cegueira temporal ou ás veces permanente se non se limpa inmediatamente e de forma completa.
En contra dunha crenza estendida, a especie de Filipinas N. philippinensis non é a especie máis velenosa de Naja. A especie de Asia Central N. oxiana produce un veleno máis tóxico. A LD50 subcutánea media para o veleno de N. oxiana en ratos é 0,18 mg/kg, e o valor menor do que se informou para N. oxiana é de 0,10 mg/kg subcutánea. mentres que N. philippinensis ten unha LD50 media murina de 0,2 mg/kg subcutánea. O valor menor do que se informou para N. philippinensis é de 0,14 mg/kg subcutánea. En ratos, o LD50 intravenoso para a N. oxiana é de 0,037 mg/kg, e para a N. philippinensis é de 0,05 mg/kg. Por tanto, a N. oxiana é a especie de naia ou cobra máis velenosa do mundo (para os ratos de laboratorio). O veleno cru de N. oxiana produciu a menor dose letal coñecida (LCLo), que foi 0,005 mg/kg, e a menor entre todas as especies do grupo que se teña rexistro derivada dun caso individual de envelenamento por inxección intracerebroventricular. Despois de N. oxiana e N.philippensis, a N. melanoleuca ten unha LD50 de 0,225 mg/kg subcutánea, seguida da N. samarensis, que ten un valor de 0,23 mg/kg subcutánea. As especies de auga de África central son tamén moi velenosas. A LD50 intraperitoneal murina dos velenos das N. annulata e N. christyi é de 0,143 mg/kg e 0,120 mg/kg, respectivamente.
Son un grupo de serpes importante medicamente debido ao gran número de mordeduras e mortes que causan na súa área xeográfica, que comprende África (incluíndo partes do Sáhara, onde se pode encontrar a N. haje), suroeste de Asia, Asia central, sur de Asia, leste de Asia, e sueste de Asia. Nunha porcentaxe significativa das súas mordeduras non inxectan veleno.Robert L Norris. Medscape. Cobra Envenomation