A ESSEC Business School é unha escola de negocios con vocación internacional, con campus propios en Cergy, La Défense, Singapur, Rabat e MauricioLes grandes ambitions de l’Essec en Afrique .

Descrición Esta institución foi fundada en 1907. Imparte unha trintena de programas formativos -entre másters, MBA e formación para altos directivos- que contan coa tripla acreditación internacional de EQUIS, AACSB e AMBA. Está recoñecida como unha das mellores business school do mundo en formación de directivos, segundo revela o último ránking de escolas de negocios de Financial TimesMasters in Management 2016 .

A escola, cunha rede de 46.000 antigos alumnos en 150 países e un claustro de mestres internacional e plurilingüe, recibe anualmente ao redor de 5.500 estudantes procedentes de 100 nacionalidades.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial

Categoría:Escolas de negocios