Radsat foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos pertencente ó Programa de Probas Espaciais (Space Test Program) lanzado o 2 de outubro de 1972 mediante un foguete Atlas F desde a Base Vandenberg da Forza Aérea para medir a radiación arredor da Terra e facer diversas probas tecnolóxicas.
Características A misión de Radcal foi medir a radiación gamma de fondo arredor da Terra no intervalo de enerxías entre 100 e 300 keV e a máis de 700 keV. Tamén se medíu o efecto do contorno espacial en varios revestimentos para control térmico e se fixeron medicións da radiación ultravioleta e dos ións de hidróxeno e helio.
A nave O satélite tiña forma de cilindro de 2,13 m de lonxitude e 1,37 m de diámetro. Pesaba 280 kg e estabilizábase mediante xiro cun período de 5 segundos. Foi lanzado nunha órbita heliosincrónica e dos extremos do cilindro estendíanse cadansúas antenas na dirección do eixo de xiro, cada unha cunha extensión de 2,74 m.
Instrumentos
Radsat levaba cinco insrumentos a bordo:
Un espectrómetro de raios gamma composto por un detector de 50 cm3 de xermanio-litio cunha área activa de 15 cm2 arrefecido por dióxido de carbono sólido. Un detector para o ultravioleta extremo. Dous detectores de partículas para baixa altitude. O instrumento de estudo dos revestimentos térmicos.
O detector de raios gamma detectou varios abrochos de raios gamma tamén detectados polos satélites Vela.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Atlas F
Categoría:Satélites artificiais