Denis Mukengere Mukwege, nado o 1 de marzo de 1955, é un xinecólogo congolés. En 2018 Mukengere e Nadia Murad recibiron xuntos Premio Nobel da Paz polo seu esforzo en erradicar a violencia sexual como arma de guerras en conflitos armados.

Traxectoria É o fundador do Hospital Panzi de Bukavu, onde está especializado no tratamento de mulleres que sufriron unha violación en grupo por forzas rebeldes e militares. Mukwege converteuse nun experto mundial na reconstrución interna do dano causado por esta clase de agresións sexuais. Mukwege tratou milleiros de mulleres que foron vítimas de violacións de guerra dende a Segunda Guerra do Congo, algunhas delas máis dunha vez, levando a cabo 10 cirurxías ó día. Ten descrito como as súas pacientes chegan ó hospital, polo xeral en terribles condicións, e algunhas veces até espidas.Nolen, Stephanie. "Where repairing rape damage is an expertise," The Globe and Mail, 22 de outubro de 2008. En 2014 Mukwege foi galardoado co Premio Sakharov da Unión Europea. Un ano antes, en 2013, recibiu o primeiro dos tres nomeamentos para o Premio Nobel da Paz. O 28 de maio de 2015, Mukwege foi honrado como Doutor en Leis pola Universidade Harvard. Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados na República Democrática do Congo Categoría:Xinecólogos Categoría:Premio Nobel da Paz