Miriam Ferradáns Ferradás, nada en Bon (Beluso, Bueu) o 16 de xaneiro de 1982, é unha poeta galega.

Traxectoria alt=Papeleta do BNG para o Parlamento galego, eleccións xullo 2020.|miniatura|Papeleta do BNG para as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. É graduada social pola Universidade de Vigo e a súa actividade laboral está vinculada ao ensino con adolescentes. Foi concelleira polo Bloque Nacionalista Galego en Bueu (2008-2011), período no que este grupo político era maioritario e durante o cal xestionou a área de promoción económica do Concello. No 2011 deixou a política de xeito activo. Colabora mensualmente no xornal Sermos Galiza desde xaneiro do 2018 e tamén en Nós Diario.

Algúns dos seus poemas foron traducidos ao portugués, alemán, inglés, italiano e mesmo ao finés.

Obras Nomes de fume (2017). Espiral Maior. ISBN 9788494596711. Noms de fum (2019). Edición bilingüe galego-catalán, tradución de Dolors Miquel, por Godall Edicións. Nombres de humo (2020) Edición bilingüe galego-español, tradución de Gonzalo Hermo, por Godall Edicións. Deshabitar unha casa (2017). Concello de Outes. Edición non venal. Agosto (2019). Apiario. Peixes de luz (2026). Pontevedra: Kalandraka. ISBN 978-84-19213-64-8. 92 páxs.

Premios 2012: 3º premio do certame Xuventude Crea co poema "Novecomaoito". 2013: Premio Rosalía de Castro de Cornellà de Llobregat con "Decibel" 2014: Premio Rosalía de Castro de Cornellà de Llobregat con "Ruído". 2016: Premio Francisco Añón coa plaquette Deshabitar unha casa. 2016: Premio de poesía Pérez Parallé co poemario Dos nomes do fume.Miriam Ferradáns Ferradás gaña o Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé Faro de Vigo, 5/11/2016. 2016: 2º premio no Certame Rosalía de Castro de Cornellà de Llobregat. 2016: Gañadora do Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro por Do tacto.García, David (15/12/2016) "Un ano máxico para Miriam Ferradáns" Faro de Vigo. 2016: Premio do Concello de Ames. 2021: Premio en categoría sénior dos XXIX Xogos Florais María Pita co poema Corazón de chícharo. 2021: Terceiro premio no X Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro por Os amantes. 2021: Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego por Dalias. 2023: Premio Lueiro Rey de Xornalismo por Un maínzo de sal. 2024: Embaixadora da Cultura pola Asociación Cultural A Morada de Meiro.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista Miriam Ferradáns en Lecturafilia, 12/1/2019. Pan Vázquez, Estela. Entrevista en Palavra Comum 16/6/2019. "“As familias, para min, son abafantes e extorsionadoras”" Sermos Galiza, 7/8/2019. Dopico, Montse (5/5/2017). Miriam Ferradáns: “Somos uns depredadores brutais, en todos os aspectos, e nin nos decatamos”. Praza.gal.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Concelleiros de Bueu Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1982 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Poetas en lingua galega