Paulopriit Voolaine (recibiu como primeiro nome: Paul Friedrich Pedmanson), nado en Tooste o 9 de outubro de 1899 e finado o 17 de outubro de 1985 en Tartu, foi un arquiveiro, bibliotecario, lingüista e etnógrafo estoniano, coñecido polo seu labor na lingua seto.

Traxectoria Naceu nunha aldea do concello rural de Räpina onde realizou os seus primeiros estudos, e logo en Tartu. En 1918 e 1919 loitou na Guerra de Independencia de Estonia e despois empezou estudos de medicina na Universidade de Tartu (1919-20) para pasar logo a estudar estoniano e linguas fínicas. En 1922 o profesor Lauri Kettu premiouno polo seu traballo sobre o livonio, "Liivi keele kvantiteedi suhted eksperimentaalfoneetika valgusel".Paulopriit Voolaine Eesti raamatukogunduse biograafilises andmebaasis

Con Ernst Puusepa traduciu ao seto catro evanxeos do Novo Testamento publicados nun volume en 1926 co título de "Mii' Issändä Jeesusõ Kristusõ pühä Evangeelium: Matteusõ, Markusõ, Luukasõ ja Johannõsõ kirotõt.http://tartu.ester.ee/record=b1320156~S1*est Mentres preparaba un libro de lectura seto escribiu entre outras cousas "Kuningas Seto" pertencente ao folclore tradicional seto, aínda que o libro non se publicou"Setu lauluema Anne Vabarna" Paul Hagu. coñeceu en 1927 a Anne Vabarna, unha bardo tradicional seto, á que lle propuxo crear unha grande obra épica seto, a estrutura e o argumento da historia propúxollos Voolaine pero os 8000 versos son obra de Vabarna que Voolaine recolleu nese mesmo ano, o resultado foi a épica nacional seto Peko, mais non se publicou ata 1995.

Entre 1928 e 1929 Voolaine traballou en escolas dominicais de Setomaa como instrutor. De 1933 a 1945 foi arquiveiro do departamento de linguas da Universidade de Tartu e entre 1945 e 1960 traballou como bibliotecario na Biblioteca Universitaria de Tartu.

Voolaine tamén estudou a vida rural das moribundas comunidades estonianas de Letonia, os ludza e os gauja, a lingua livonia e o folclore de Räpina. Recolleu material etnográfico das minorías establecidas en Latgalia (1925-1937)Inge Annom "Paulopriit Voolaine Kogutud Lutsi Muinasjutud"Keel ja Kirjandus nº 8-9, 2015 e no óblast de Pskov onde reside unha pequena minoría seto. Ademais publicou numerosos artigos e poemas. Tamén escribiu varias pezas teatrais, en 1933 publicou Maajumala poig que se sitúa nos anos finais da época tsarista .

Obra Mii' Issändä Jeesusõ Kristusõ pühä Evangeelium : Matteusõ, Markusõ, Luukasõ ja Johannõsõ kirotõt. Seto kiilde ümbre pannu' Ernst Puusepp, keele poolõst õiõnduisi tennü' P. Voolaine. Tartoh: Akadeemiline Emakeele Selts, 1926. - 302 lk. Paulopriit Voolaine. "Setu lauluema Vabarna Anne "Peko (Pekolanõ)"". Eesti Kirjandus nr 22, 1928, lk 6-21. Paulopriit Voolaine. "Setu lauluema Vabarna Anne "Peko laulu" II osa". Eesti Kirjandus nr 24, 1930, lk 378-389. Notas

Categoría:Finados en 1985 Categoría:Nados en 1899 Categoría:Lingüistas de Estonia Categoría:Tradutores da Biblia Categoría:Etnógrafos e folcloristas Categoría:Escritores en lingua seto Categoría:Escritores de Estonia Categoría:Nados en Estonia