Lightning Bolt (tamén coñecido como The Yellow Record ou The Yellow Album) é o álbum de estrea da banda de noise rock Lightning Bolt, publicado en 1999 a través do selo Load Records. Orixinalmente cinco dos temas do disco foron gravados no estudio, porén, coa excepción dunha canción, a banda descartounos e no seu lugar puxo versións lo-fi ao vivo dos temas no álbum. Un "casete de acompañamento" de 50 minutos titulado Zone estivo dispoñible por tres dólares a través dos pedidos por correo cando o disco foi editado. Este material aparece como dúas cancións extra no lanzamento en CD.
A edición orixinal en vinilo estaba limitada a 750 copias. O CD tiña unha portada lixeiramente diferente.
Listaxe de cancións "Into the Valley" – 10:46 "Murk Hike" – 3:04 "Caught Deep in the Zone" – 3:13 "Fleeing the Valley of Whirling Knives" – 10:37 "Mistake" – 4:04
Temas de Zone Zone – 32:46 And Beyond – 14:22
Categoría:Álbums de Lightning Bolt Categoría:Álbums musicais de 1999 Categoría:Álbums de Load Records Categoría:Álbums de estrea