Feodor Ingvar Kamprad, nado en Pjätteryd o 30 de marzo de 1926Sveriges befolkning 1970, (CD-ROM) Riksarkivet 2003Smålands Gille i Göteborg - årsbok 2006, Bo Edlund "Ingvar Kamprad - 2006 års smålänning", Göteborg 2006, s. 3 e finado en Småland o 27 de xaneiro de 2018, foi un empresario sueco, fundador de IKEA, e unha das persoas máis ricas do mundo, en setembro de 2016 a revista Bloomberg estimaba a súa fortuna en algo máis de 44 mil millóns de dólares, a décima fortuna do mundo”Bloomberg Billionaires Index” Bloomberg, 2 de setembro de 2016.

Traxectoria Ingvar Kamprad medrou nunha pequena granxa de nome Älmtaryd na aldea de Agunnaryds no concello de Ljungby no condado de Kronoberg. O seu avó Achim Kamprad (m. 1897) emigrara en 1896 procedente de Alemaña, coa súa esposa Franziska, e os seus fillos Franz Feodor e Erwin Erich. A súa nai Berta era filla do C. B. Nilsson, propietario dunha tenda en Älmhult. Previamente a familia residira noutra granxa de Älmhult, chamada Majtorp e foi en 1933, cando a familia se mudou a Älmtaryd.Kamprad I, Torekull, B: "Historien om Ikea: Ingvar Kamprad berättar för Bertil Torekull", Wahlström & Widstrand, Stockholm 1998, ISBN 91-46-17065-0 miniatura|Ingvar Kamprad en 2004.

IKEA Ingvar Kamprad foi desde neno emprendedor, vendendo produtos de pouco prezo aos veciños, como mistos ou lapiseirosIngvar Kamprad, founder of IKEA sweden.se. Fundou IKEA o 15 de xullo de 1943 como un negocio para primeiro venderlles produtos que lle pedían os granxeirosAllan Percy (2013)La escafandra del optimista: Un kit de supervivencia para tiempos difíciles Penguin Random House e a partir de 1946 de venda por correo con anuncios na prensa local Ingvar Kamprad, företagsamheten.seRhymer Rigby (2011) 28 Business Thinkers Who Changed the World: The Management Gurus and Mavericks Who Changed the Way We Think about Business Kogan Page p. 86, sen tenda física e non comezou a vender mobiliario ata 1947. O primeiro catálogo de IKEA apareceu en 1951 e dous anos máis tarde, comprou unha tenda de carpintería en Älmhult para convertela nunha sala de exposicións de mobles. A idea das embalaxes planas para enviar mobles armables foi do deseñador Gillis Lundgren en 1955. A primeira tenda inaugurouna en 1958 en Älmhult e en 1965 abriu unha tenda en Kungens kurva, preto de Estocolmo. Kamprad goza da reputación de levar unha vida austera, que transmitiu á súa empresa."Ikea billionaire Ingvar Kamprad buys second-hand clothes to save money" The Guardian, 10 de marzo de 2016"¿Tacaño yo? El millonario dueño de Ikea compra los yogures a punto de caducar" El País, 10 de marzo de 2016

Participación en organizacións de extrema dereita En 1942 Ingvar Kamprad, entrou no grupo fascista Nysvenska Rörelsen, e foi membro cando menos ata finais de setembro de 1945."Svensk överklass och högerextremism under 1900-talet", Karl N. Alvar Nilsson, ISBN 91-86474-34-0. Mantivo boas relacións co seu líder, Per Engdahl. A súa participación no movemento non se coñeceu ata 1994. Tamén foi membro da Svensk Socialistisk Samling.””Kamprad aktiv nazist under 2:a världskriget””. Aftonbladet. 23 de agosto de 2011

Kamprad afirmou máis tarde que a súa implicación no movemento fascista foi unha "aberración" Kamprad I, Torekull, B: "Historien om Ikea: Ingvar Kamprad berättar för Bertil Torekull", Wahlström & Widstrand, Stockholm 1998, ISBN 91-46-17065-0, s. 35 e que o fixo baixo a influencia das ideas filonazis da súa avoa, dos Sudetes, e polo conservador e antibolxeviquismo do seu pai.”Kamprad:”Jag kallades nazist””. Svenska Dagbladet, 15 de febreiro de 2010 En 1994 escribiu unha carta a todos os seus traballadores dándolles explicacións da súa actividade fascista na súa mocidade.Oliver Burkeman, The miracle of Älmhult (part two) The Guardian, 17 de xuño de 2004 Secasí en 2010 nunha entrevista describiu o líder fascista sueco Per Engdahl como un "grande home".”Öppna garderoben DN.SE, 31 de marzo de 2016”Världens rikaste svensk fyller 90 – Ingvar Kamprads karriär kantas av mysterier” Veckans affärer, 31 de marzo de 2016.

Notas

Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Empresarios de Suecia Categoría:Nados no condado de Kronoberg Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Lund