Viveca Anne Bergstedt Sten, nada Bergstedt o 18 de xuño de 1959 en Estocolmo,Viveca Sten en Svensk Filmdatabas é unha avogada e escritora sueca.

Traxectoria Viveca está licenciada en dereito pola Universidade de Estocolmo e fixo un mestrado na Escola de Economía de Estocolmo. Traballou como conselleira legal para Amadeus Scandinavia, Letsbuyit.comhttp://www.vivecasten.se/ e PostNord.

Obra Durante varias xeracións a súa familia posuíu unha casa en Sandhamn no arquipélago de Estocolmo e alí pasou todos os veráns da súa infancia. Esas estadas serviron de inspiración para a súa primeira novela, de carácter policial, I de lugnaste vatten publicada en 2008, á que lle seguiron I den innersta kretsen (2009) e I grunden utan skuld (2010) que se converteron en éxitos de vendas e a serie continuou con novos títulos:I natt är du död (2011), I stundens hetta (2012), I farans riktning (2013), I maktens skugga (2014) e I sanningens namn (2015). Os libros venderon máis de dous millóns e medio de exemplares en todo o mundo traducíndose ao inglés, alemán, español, holandés, polaco, xaponés, mais a todas as linguas nórdicas. Os cinco primeiros libros adaptáronse para a pequena pantalla nunha miniserie de TV4: Morden i Sandhamn. Tamén escribiu libros xurídicos

Libros xurídicos Outsourcing av IT-tjänster (1999) Förhandla i affärer (2003) Internationella avtal – i teori och praktik (2013)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Escritores de Suecia Categoría:Avogados Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Alumnos da Universidade de Estocolmo