A Guerra contra o terrorismo (en , WoT), é unha campaña militar internacional dirixida polos Estados Unidos de América e o Reino Unido co apoio dos membros da OTAN e outros países, que comezou despois dos atentados do 11 de setembro de 2001 nos Estados Unidos. O presidente George W. Bush empregou por vez primeira o termo "War on Terror" o 20 de setembro de 2001. A administración de Bush e os medios occidentais empregaron o termo dende entón para facer referencia ó conflito militar, político, legal e conceptual contra organizacións terroristas e réximes acusados de apoialas. Orixinalmente, foi empregado con especial atención nos países asociados con organizacións de terrorismo islámico como al-Qaeda.
No 2013, o presidente Barack Obama anunciou que os Estados Unidos non continuarían coa guerra, centrándose en inimigos específicos, máis que seguindo unha táctica.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Jackson, Richard. Writing the War on Terrorism: Language, Politics and Counter-Terrorism. Manchester & Nova York: Manchester University Press, 2005. ISBN 0719071216.
Categoría:Guerras do século XXI Categoría:Terrorismo