Bewitched é unha serie de televisión estadounidense de fantasía e comedia, estreada en oito tempadas a través da ABC dende o 17 de setembro de 1964 até o 25 de marzo de 1972. Foi creada por Sol Saks baixo a dirección executiva de Harry Ackerman, e está protagonizada por Elizabeth Montgomery, Dick York (1964–1969), Agnes Moorehead e David White. Dick Sargent substituíu a un enfermo York nas tres últimas tempadas (1969–1972). A serie conta a historia dunha meiga que casa cun home mortal corrente, e leva a vida dunha típica muller dun barrio residencial. Bewitched gozou dunha gran popularidade, sendo o programa número dous dos Estados Unidos na súa primeira tempada, e converténdose na comedia de situación de temática sobrenatural máis lonxeva nas décadas de 1960 e 1970.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1964 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1972 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América