O castelo de Tomar é un castelo templario que se atopa na cidade de Tomar, na beira dereita do río Nabão, freguesía de São João Baptista, distrito de Santarém, Portugal.
O castelo formaba parte durante a Reconquista da chamada Liña do Teixo, xunto con outros castelos da rexión, todos da mesma época e estilo: Almourol, Idanha, Monsanto, Pombal e Zêzere. Contén no seu interior o Convento de Cristo, ó cal servía de protección.
Está clasificado como Monumento Nacional dende o 23 de xuño de 1918 e, xunto co Convento de Cristo, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende o 30 de xuño de 1983.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ealo de Sá, Mª. Col. Alberto Luna,El arquitecto Juan de Castillo. El constructor del mundo, Etnocantabria, 2009, ISBN 97-8846-134-9357.
Ligazóns externas Información do Convento de Cristo, Tomar
Categoría:Castelos de Portugal Categoría:Distrito de Santarém