dereita|miniatura|Detalle da Laxe das Rodas, cunha coviña de 21 cm de diámetro e 5 cm de profundidade no centro do petróglifo da esquerda, así como pequenas coviñas (puntos) ao redor del. miniatura|Coviñas nunha rocha en Alpe Prà, Italia. En arqueoloxía, denomínase coviñaNomes en galego en Léxico de arqueoloxía, Universidade de Santiago de Compostela, 1996 (tamén chamada cazoleta ou corgo) a un pequeno oco artificial escavado na superficie dalgunhas rochas, tendo xeralmente unha sección semiesférica e planta circular (aínda que tamén se atopen de planta cuadrangular). Poden atoparse tanto illadas como formando agrupacións, con outras coviñas ou con outros gravados rupestres ou petróglifos.

Aínda que o caso máis común é que se atopen gravadas nas superficies de formacións rochosas naturais, tamén poden aparecer en ortóstatos megalíticos.

As coviñas son un dos motivos rupestres máis recorrentes, en todas as épocas e latitudes.cf. p. 108 de  Son comúns nos petróglifos galegos. A súa cronoloxía abranguería, en Europa, do Paleolítico Medio (La Ferrassie) até a Idade de Ferro.

Funcionalidade As hipóteses existentes sobre a funcionalidade das coviñas son múltiples, entre elas: colectores para ofrendas, pías de libacións ou de sacrificios, símbolos de carácter sexual feminino, cartografías, de constelacións e terrestres, marcadores de espazos sacros, de camiños migratorios, de locais con alto valor máxico e propiciatorio, ligadas a cultos litolátricos, acuáticos, destinados a promover ou a incrementar a fertilidade, particularmente a feminina, taboleiros para xogos, marcadores de operacións pre-numéricas.

Lugares sacros Algunhas hipóteses apuntan a que, polo menos en certas rexións, as coviñas poderían sinalar un espazo sacro prehistórico, espazo que se mantivo, unha vez instalado o cristianismo, coa construción de templos (capelas, etc) en tales lugares. Existiría, polo tanto, unha "converxencia espacial" entre a distribución destes gravados e a distribución de certos templos cristiáns.HENRIQUES, Francisco; CANINAS, João Carlos e CHAMBINO, Mário "ROCHAS COM COVINHAS NA REGIÃO DO ALTO TEJO PORTUGUÊS".cf. web Rocas con cazoletas en el alto Alto

Fertilidade Breck Parkman reportou que os indios Pomo buscaban o poder resultante da produción de coviñas para curar a infertilidade.

Notas 

Véxase tamén Outros artigos Marca de cazoleta e aneis Pía megalítica Megalitismo Petróglifo Arte prehistórica Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre

Categoría:Arte prehistórica