A Final da Eurocopa de Fútbol Francia 2016 foi un partido de fútbol que se disputou o 10 de xullo de 2016 no Stade de France de Saint-Denis, na Illa de Francia, que determinou o campión de Europa de fútbol de 2016.

Sede

A final da Eurocopa 2016 foi xogada no Stade de France de Saint-Denis, un subusrbio de París. O anuncio de que este estadio acolleríao evento foi realizado pola UEFA, xunto co calendario do torneo, o 25 de abril de 2014. A capital francesa xa acollera anteriormente dúas finais do torneo, a primeira en 1960 e a segunda en 1984, ambas disputada no Parc des Princes.

Inaugurado en 28 de xaneiro de 1998 cun encontro entre e , foi construído para o Mundial de Fútbol de 1998. Alén do fútbol, tamén foi deseñado para acoller diversos eventos deportivos como rugby, atletismo, probas automobilísticas, concertos e grandes espectáculos en xeral. A súa capacidade oscila entre 75.000 asentos (atletismo), 81.338 (fútbol e rugby) e 90.000 (concertos, espectáculos). Esta construción tivo por obxectivo dar a coñecer e desenvolver a zona de La Plaine - Saint-Denis, unha zona industrial en declive, con novos barrios residenciais e novas actividades terciarias. O Stade de France permitiu dar un rostro atractivo á dirección das empresas. Esta zona benefíciase das boas comunicacións do estadio: 2 estacións RER (liñas B e D), unha estación de metro e conexións de liñas de autobús co norte, o oeste e o centro de París. O equipo de arquitectos que o deseñaron está composto por Michel Macary, Aymeric Zublena, Michel Régembal e Claude Costantini (asociación das axencias SCAU e C. R. Architecture). O Xefe de Proxecto foi o arquitecto Norteamericano Tom Sheehan, cuxa labor neste proxecto tivo como recompensa a obtención da Medalla de Prata da Academia Francesa de Arquitectura. A xestión e mantemento do estadio corre a cargo da empresa Bouygues, GTM, unha filial de Vinci e STF.

Sendo conseiderado de Categoría 4 pola UEFA, o Stade de France e o sexto estadio máis grande de Europa e o máis grande desta edición da Eurocopa, con capacidade para 81.338.

Partido

border|100px|PortugalPORTUGAL PO 1 Rui Patrício LD 21Cédric DF 3 Pepe DF 4 José Fonte LE 5 Raphaël Guerreiro MC 14William Carvalho ED 16Renato Sanches MP 23Adrien Silva EE 10João Mário DC 17Nani DC 7 Cristiano Ronaldo (c) Substitucións: DC 20Ricardo Quaresma MC 8 João Moutinho DC 9 Éder Adestrador: Fernando Santos300px|link=border|100px|FranciaFRANCIA PO 1 Hugo Lloris (c) LD 19Bacary Sagna DF 21Laurent Koscielny DF 22Samuel Umtiti LE 3 Patrice Evra MD 18Moussa Sissoko MC 15Paul Pogba MC 14Blaise Matuidi ME 8 Dimitri Payet SD 7 Antoine Griezmann DC 9 Olivier Giroud Substitucións: MC 20Kingsley Coman DC 10André-Pierre Gignac DC 11Anthony Martial Adestrador: Didier Deschamps Xogador do partido: Pepe

Árbitros asistentes: Simon Beck (Inglaterra) Jake Collin (Inglaterra) Cuarto árbitro: Viktor Kassai (Hungría)

Véxase tamén Outros artigos Francia Eurocopa Eurocopa de Fútbol Francia 2016 Eurocopa de Fútbol Francia 2016 - Fase final

Ligazóns externas Sitio web oficial da UEFA Euro

Categoría:Eurocopa de Fútbol de 2016 2016 Categoría:Partidos da selección de fútbol de Portugal Categoría:Partidos da selección de fútbol de Francia Categoría:Portugal na Eurocopa de Fútbol de 2016 Categoría:Francia na Eurocopa de Fútbol de 2016