O Gran Premio de Bélxica de 2016, oficialmente 2016 Formula 1 Belgian Grand Prix, foi unha carreira de Fórmula 1 que que se celebrou o 28 de agosto de 2016, no Circuíto de Spa-Francorchamps de Spa, Bélxica. Foi a décimo terceira rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016 e o 72º Gran Premio de Bélxica.
Informe
Antecedentes Esteban Ocon fará a súa debut na Fórmula Un, en substitución de Rio Haryanto en MRT. Hary quedou no equipo, ocupando o posto de probador e reserva.
Tanto Honda como Mercedes introduciron melloras nas súas unidades de enerxía para a carreira, mentres que Sauber levou os seus primeiros cambios da tempada para o chasis C35.
Lewis Hamilton, Marcus Ericsson e Fernando Alonso recibiron penalizacións na grella, Hamilton recibiu quince posicións por usar o seu sexto turbocompresor e a unidade de motor asociada, mentres que Ericsson foi degradado dez lugares pola substitución do seu turbocompresor, e Alonso trinta e cinco lugares por montar a sexta unidade de potencia completa. Hamilton recibiu unha segunda serie de sancións cando Mercedes montou un sétimo turbocompresor e MGU-H antes da segunda sesión de adestramentos libres, Mercedes fixo deliberadamente as sancións, xa que tratou de almacenar novos compoñentes para o resto da tempada, considerando o Circuíto de Spa-Francorchamps un lugar onde o potencial para adiantar pode compensar as sancións.
Carreira
Na saída os dous Ferrari se tocaron na primeira curva, na segunda volta Max Verstappen entra a cambiar o aleron danado, Räikkönen entra a boxes con lume no Ferrari do finlandés. Pincha Carlos Sainz, quédase sen pneumático traseiro dereito, vaise fóra de pista. Na cuarta volta están fóra de carreira, Carlos Sainz (Toro Rosso), Jenson Button (McLaren) e Pascal Wehrlein (Manor). Na sexta volta Kevin Magnussen (Renault) bate contra as proteccións. O piloto sae ileso pero o golpe foi moi duro, bandeira amarela que beneficia a Hamilton e Alonso. Na oitava volta, lidera Rosberg, seguido de Ricciardo, Hülkenberg, Alonso cuarto, Hamilton, Massa, Pérez e Kvyat oitavo. Na décima volta sácase bandeira vermella, debido aos danos nas proteccións na zona do accidente Magnusen. A carreira reaniciase detrás do coche de seguridade na seguinte orde 1º Rosberg (Mercedes), 2º Ricciardo (Red Bull), 3º Hulkenberg (Force India), 4º Alonso (McLaren), 5º Hamilton (Mercedes), 6º Massa (Williams), 7º 'Checo' Pérez (Force India), 8º Kvyat (Toro Rosso), 9º Palmer (Renault), 10º Grosjean (Haas), 11º Vettel (Ferrari), 12º Bottas (Williams), 13º Gutiérrez (Haas), 14º Verstappen (Red Bull), 15º Ocon (Manor), 16º Nasr (Sauber), 17º Raikkonen (Ferrari). Quedaron fóra de carreira Magnussen (Renault), Ericsson (Sauber), Sainz (Toro Rosso), Button (McLaren) e Wehrlein (Manor). Na volta 12 Hamilton adianta a Alonso e Verstappen volve a tocarse con Räikkönen. Na volta 18 Hamilton adianta a Hülkenberg, o británico ponse terceiro, Alonso aguanta quinto. Na volta 22 Hamilton entra en boxes e na 24 sigueno Alonso, Vettel e Hülkenberg. Alonso e Hülkenberg tócanse ao volver a pista. Na volta 26 Ricciardo entra a boxes, Rosberg o imita na seguinte volta. Sergio Pérez e Felipe Massa tócanse na volta 29 cando o mexicano adiantaba ao brasileiro, o méxicano vaise por Alonso ao que adianta na volta 31. Na volta 33 Hamilton entra de novo a boxes, volve a pista en 4º lugar pero volve a superar a Hülkenberg, Vettel pasa a Alonso facilmente, que trata de aguantar na zona de puntos.
Na volta 36 a clasificación é a seguinte, Rosberg primeiro, seguido de Ricciardo, Hamilton, Hülkenberg, Pérez, Vettel, Alonso, Massa, Bottas e Räikkönen décimo, cerrando os puntos. Poucos cambio se produciron ata o final, Roberg gañou a carreira seguido de Ricciardo, Hamilton, Hülkenberg, Pérez, Vettel, Alonso, Bottas, Räikkönen décimo e Massa pechando os puntos.
Cualificación Pos.NºPilotoConstrutorQ1Q2Q3Grella16Mercedes 1:48.019 1:46.999 1:46.744 1 2 33 Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 1:48.407 1:47.163 1:46.893 2 3 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1:47.912 1:47.664 1:46.910 3 4 5 Sebastian Vettel Ferrari 1:47.802 1:47.944 1:47.108 4 5 3 Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 1:48.407 1.48.027 1:47.216 5 6 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:48.106 1:47.485 1:47.407 6 7 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:48.080 1:47.317 1:47.543 7 8 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:48.655 1:47.918 1:47.612 8 9 22 Jenson Button McLaren-Honda 1:48.700 1:48.051 1:48.114 9 10 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:47.738 1:47.667 1:48.263 10 11 8 Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:48.751 1:48.316 11 12 20 Kevin Magnussen Renault 1:48.800 1:48.485 12 13 21 Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 1:48.748 1:48.598 18Gutiérrez recibiu unha penalización de cinco posicións por obstaculizar a Pascal Wehrlein durante a última sesión de adestramentos do sábado. 14 30 Jolyon Palmer Renault 1:48.901 1:48.888 13 15 55 Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 1:48.876 1:49.038 14 16 94 Pascal Wehrlein Manor-Mercedes 1:48.554 1:49.320 15 17 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1.48.949 16 18 31 Esteban Ocon Manor-Mercedes 1:49.050 17 19 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 1:49.058 19 20 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:49.071 20Marcus Ericsson foi penalizado con 10 posicións na grella polos cambios de elementos da unidade de potencia non programados. 21 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:50.033 21Lewis Hamilton recibiu unha penalización de 60 posicións logo de que Mercedes optara por substituír a varios elementos na súa unidade de alimentación e retirara un selo da súa caixa de cambios.Tempo 107%: 1:55.279 22 14 Fernando Alonso McLaren-Honda Sen tempo 22Fernando Alonso recibiu unha penalización de 60 posicións despois de que McLaren optara por substituír a varios elementos na súa unidade de enerxía. Como Alonso non puido facer un tempo de cualificación, a súa participación na carreira foi a criterio dos comisarios de carreira Fonte:
Carreira Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 6 Nico Rosberg Mercedes 44 1:44:51.058 125 2 3 Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 44 + 14.113 518 3 44 Lewis Hamilton Mercedes 44 + 27.634 2115 4 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 44 + 35.907 712 5 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 44 + 40.660 610 6 5 Sebastian Vettel Ferrari 44 + 45.394 48 7 14 Fernando Alonso McLaren-Honda 44 + 59.445 226 8 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 44 + 1:00.151 84 9 7 Kimi Räikkönen Ferrari 44 + 1:01.109 32 10 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 44 + 1:05.873 101 11 33 Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 44 + 1:11.138 2 12 21 Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 44 + 1:13.877 18 13 8 Romain Grosjean Haas-Ferrari 44 + 1:16.474 11 14 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 44 + 1:27.097 19 15 30 Jolyon Palmer Renault 44 + 1:33.165 13 16 31 Esteban Ocon MRT-Mercedes 43 + 1 volta 17 17 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 43 + 1 volta 16 Ret 20 Kevin Magnussen Renault 5 Accidente 12 Ret 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 3 Caixa de cambios 20 Ret 55 Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 1 Picada 14 Ret 22 Jenson Button McLaren-Honda 1 Danos por colisión 9 Ret 94 Pascal Wehrlein MRT-Mercedes 0 Colisión 15 Fonte:
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos.PilotoPuntos10px1 Lewis Hamilton23210px2 Nico Rosberg22310px315110px 14 Sebastian Vettel12810px 15 Kimi Räikkönen124
Clasificación do campionato de construtores Pos.ConstrutorPuntos10px1 Mercedes45510px2 Red Bull Racing-TAG Heuer27410px3 Ferrari25210px 1 4 Force India-Mercedes10310px 15101
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Bélxica Categoría:Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1