A Selección de fútbol de Islandia é o equipo representativo do país nórdico nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol de Islandia (Knattspyrnusamband Íslands, KSÍ), pertencente á UEFA.

Aínda que tradicionalmente estivo considerado un dos combinados nacionais máis débiles de Europa, o 6 de setembro de 2015 logrou clasificarse por primeira vez á fase final dunha competición internacional: a Eurocopa 2016. Durante o proceso clasificatorio, Islandia logrou derrotar a seleccións como Turquía, República Checa -ambas en condición de local- e aos Países Baixos en dúas oportunidades.

Unha vez na Euro 2016, os Viquingos superaron a primeira fase cun gol no minuto 94 que lles permitiu vencer a Austria e alcanzar o segundo posto do seu grupo. En oitavos de final eliminaron a Inglaterra (2-1), considerado un dos resultados máis impactantes na historia do fútbol europeo e o máis importante na historia do fútbol islandés ata o momento. Finalmente foron eliminados por Francia en cuartos de final.

Estatísticas Mundiais AnoRoldaPosiciónXGEPGFGC 1930Non participou 1934 1938 1950 1954Ingreso non aceptado pola FIFA 1958 Non clasificou 1962Non participou 1966 1970 1974Non clasificou 1978 1982 1986 1990 1994 1998 2002 2006 2010 2014 2018 Primeira fase 28° 3 0 1 2 2 5 2022

Eurocopas Competición Resultado Posición PX PG PE PP GF GC Dif Francia 1960Non participou España 1964Non clasificou Italia 1968Non participou Bélxica 1972 Iugoslavia 1976Non clasificou Italia 1980 Francia 1984 Alemaña Occidental 1988 Suecia 1992 Inglaterra 1996 Bélxica e os Países Baixos 2000 Portugal 2004 Austria e Suíza 2008 Polonia e Ucraína 2012 Francia 2016Cuartos de final8°422189-1 Europa 2020Por disputarse

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Asociación de Fútbol de Islandia

Categoría:Fútbol en Islandia