O Pequeno profeta é unha obra atribuída a Donatello que data do ano 1407 e que foi erixida en mármore branco cunha altura de 128 centímetros.
Historia e descrición Procedía, orixinalmente, da porta da Mandorla da catedral de Santa María del Fiore, onde estaba emparellado con outro pequeno profeta atribuído, predominantemente, a Nanni di Banco.
Non está claro se estes dous profetas son os citados nos documentos de pagamento emitidos pola catedral a nome de Donatello, con data de 1406 e 1408, en recompensa do traballo realizado posto que non se describen os seus detalles. Porén, Giovanni Poggi formulara a hipótese de que o documento se refería a grandes esculturas. Están realizados nun estilo gótico tardío, moi afastado das primeiras obras do mozo Donatello, parecen estar colocadas na Porta na reorganización de Emilio De Fabris. miniatura|esquerda|Imaxe dos dous pequenos profetas. Á marxe das diferenzas estilísticas entre as dúas figuras que poden deberse á inexperiencia pola xuventude do artista e por outro lado a súa semellanza con obras similares de Nanni di Banco.
Hoxe en día, o profeta da esquerda atribúese xeralmente a Donatello, sobre a base de comparacións con outras obras desta mesma época coma o David de mármore do Bargello. Non ten os atributos dun profeta, mais a súa pose lembra a un dos anxos anunciando polo que, quizais, orixinalmente formaba parte do grupo escultórico da Anunciación que, agora, está no Museo dell'Opera del Duomo. De tódolos xeitos, tamén hai outros que, con menos argumentos, dan a súa autoría a Bernardo Ciuffagni.
O feito de que a outra estatua sexa, probabelmente, obra de Nanni di Banco non é absolutamente incompatíbel cos documentos de pago, pois nese momento estaban ámbolos dous escultores en asociación e participaban na decoración da porta da Mandorla, como se detalla na correspondencia documental con Donatello sobre os Profetas do rexistro inferior, tallados en dous bloques de mármore de Siena e instalados en 1408.
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Esculturas de Donatello Categoría:Esculturas do Renacemento