250px|thumb|Puerto Banús Nueva Andalucía é un dos cinco distritos que conforman o municipio de Marbella, na provincia de Málaga. Está situado no centro-oeste do termo municipal, entre o centro de Marbella e a pedanía de San Pedro Alcántara. O distrito abarca unha área de vilas e apartamentos deseñados no estilo tradicional andaluz esparexidos entre campos de golf de gran tamaño. Comprende a Puerto Banús e El Ángel así como á Milla de Oro, concentrando algunhas da área máis luxosas do municipio.
En Nueva Andalucía atópanse as dúas institucións de ensino superior de Marbella: Les Roches Marbella e Marbella University.
Toponimia Nueva Andalucía recolle o nome do desenvolvemento urbanístico e turístico que promoveu José Banús en 1964. O nome fai referencia aos topónimos das gobernacións coloniais de Nueva Andalucía de Venezuela, Colombia e Puerto de la Plata.
Xeografía O distrito atópase na parte occidental do termo municipal de Marbella. Limita ao oeste co distrito de San Pedro Alcántara polo río Guadaiza, ao norte con Benahavís e con Istán polo encoro da Concepción, ao leste co distrito Marbella Oeste polo río Verde e ao sur co mar Mediterráneo.
Demografía Segundo datos do padrón municipal de 2018, tiña unha poboación censada de 17.078 habitantes. A poboación de Marbella en 2020 era de 147.633 persoas e Nueva Andalucía constituía o 12,63 % da poboación total do municipio. No verán, durante a tempada turística, a poboación aumenta aproximadamente un 30% segundo os informes. A demografía de Marbella consiste en persoas de Escandinavia (Suecia, Dinamarca, Noruega), Marrocos, Reino Unido, Ucraína, Rusia, Italia, Alemaña, Colombia e Francia. A demografía das persoas que viven en Nueva Andalucía ten unha porcentaxe aínda maior de escandinavos, xa que aquí tamén se atopa a escola sueca.
Festas O 16 de xullo celébrase a Virxe do Carme, e a procesión mariñeira sae desde o Porto Pesqueiro de Marbella, chega a Puerto Banús, e retorna ao Porto Deportivo de Marbella.
A finais de xullo celébranse a Feira e Festas de Nueva Andalucía ou de La Campana, con feira de día, competicións deportivas e concursos, misa o domingo na Parroquia Virgen Madre, actuacións en directo e verbena, con gran participación dos veciños.
Notas
Categoría:Distritos de Marbella