Carlos Caba Landa, nado en Zaragoza. o 2 de decembro de 1900 e finado en Donostia o 23 de outubro de 1992, foi un policía e escritor estremeño.
Traxectoria Pasou a súa infancia en Arroyo de la Luz (Cáceres) e estudou en Madrid. Como policía formou parte do servizo de seguridade nas embaixadas españolas de Francia, Suíza, Italia e algúns países balcánicos; despois estivo destinado en Pontevedra como inspector de policía (1944-1957), ascendendo a comisario en 1948;La Noche, 24-7-1948, p. 2. e xa ascendido a comisario de primeira en 1957,El Pueblo Gallego, 18-10-1957, p. 8. pasou a Donostia.Boletín Oficial del Estado, 13 de xaneiro de 1960 .
En 1933 publicou xunto co seu irmán o volume Andalucía: su comunismo libertario y su cante jondo, sobre o flamenco. Durante a súa estancia en Galicia colaborou en periódicos galegos como El Pueblo Gallego (onde mantivo a sección "Ángulo de la Peregrina"), Vida Gallega ou La Noche. Amais publicou tres novelas sobre o contrabando e a espionaxe en Galicia: ¡Wolfram, Wolfram! La diplomacia de la bocamina (1947), Caucho a la deriva (1950) e Crimen en la frontera (1957). Deixou varios orixinais inéditos.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Obra Las ideologías del siglo. 1920; con Pedro Caba Landa. Andalucía: su comunismo libertario y su cante jondo. Madrid, 1933; con Pedro Caba Landa. Roger de Flor. 1946. ¡Wolfram, Wolfram! La diplomacia de la bocamina. 1947. Caucho a la deriva. 1950. Crimen en la frontera. 1956 (Premio El Buscón). Vida persoal
Foi pai de Carlos, María de la Concepción e María Victoria Caba Moral.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Carlos Caba, policía y escritor
Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Finados en 1992 Categoría:Nados en 1900 Categoría:Escritores de Aragón Categoría:Policías de España Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega