Cremónidas foi un político ateniense do partido democrático (século III a. C.). Adepto ao estoicismo, foi discípulo de Zenón de Citio.Diogene Laerzio, Vite dei filosofi, VII, 17. Alma da oposición nacionalista a Antígono II Gónatas, conseguiu derrotar ao partido pro-macedónico e facerse co goberno. A instigación súa, Atenas votou declarar a guerra ao rei de Macedonia, polo que dita guerra coñécese como guerra de Cremónidas (266 a. C. - 261 a. C.) Con ela pretendíase evocar o pasado glorioso da tradicional loita ateniense contra os tiranos, pero os tempos cambiaran. Agora, Atenas era un simple peón na loita estratéxica entre Macedonia e Exipto. En efecto, Antígono invadiu o Ática, e os esforzos combinados de Atenas, Esparta, Exipto e o Epiro, non bastaron para conterlle.
Tolomeo II Filadelfo enviou unha frota,Teles, Reliquiae; recognovit, prolegomena scripsit Otto Hense, II ed., Tubingae: Mohr, 1909, p. 23. que en combinación co exército do rei espartano Areo I debía atacar o Ática, pero nin sequera puideron penetrar nela, ao estar dominado Corinto por Crátero, irmán de Antígono. Os aliados retiráronse e Atenas tivo que renderse no transcurso do inverno entre 262 e 261 a. C. Cremónidas foi deposto e substituído por un estratego de Antígono.
A autonomía de Atenas terminou para sempre. Perdeu a facultade de acuñar moeda e a de elixir aos seus maxistrados. En diante, o único papel que lle reservará o futuro será o de cidade da cultura, papel que conservará até a conquista romana e máis aló.
Notas
Véxase tamén Bibliografía El helenismo y el auge de Roma. Historia Universal Siglo XXI. ISBN 84-323-0066-7. Outros artigos Zenón de Citio Estoicismo
Categoría:Período helenístico