Michael (Mike) Archer, nado en Sydney en 1945, é un paleontólogo australiano especializado no estudo dos vertebrados, tanto modernos como fósiles.
Traxectoria
Graduado en xeoloxía e bioloxía na Universidade de Princeton en 1967, obtivo o seu doutoramento en 1976 na Universidade de Australia Occidental.
Traballou no Museo de Australia Occidental desde 1967 a 1971, e foi supervisor de mamíferos no Museo de Queensland desde 1972 a 1978.
Desde 1978 é profesor da Universidade de Nova Gales do Sur.
En 1999 anunciou publicamente o inicio dun proxecto de clonación do tilacino.
Despois dos primeiros éxitos parciais, o proxecto foi abandonado en 2005.. Porén, ese mesmo ano, Archer anunciou que o proxecto se levaría a cabo por un grupo de universidades interesadas e un centro de investigación..
Abreviatura A abreviatura Archer emprégase para recoñewcer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Michael Archer en TED.
Categoría:Científicos de Australia Categoría:Zoólogos de Australia Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Sidney