Hryhorii Yakhymovych (en ; en ), nado o 16 de febreiro de 1792A Bibliografia Polska indica que naceu o 6 de febreiro. en Pidhirtsi e finado o 29 de abril de 1863 en Lviv, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, arcebispo de Lviv e metropolita de Galicia dende 1859 até a súa morte. Traxectoria O 14 de setembro de 1816 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Lviv Mykhailo Levytskyi.
O 15 de xullo de 1840 foi nomeado bispo auxiliar de Lviv e bispo titular de Pompeiopolis in Cilicia. Recibiu a consagración episcopal o 21 de novembro de 1841 de mans do metropolita Mykhailo Levytskyi, e tivo como co-consagrantes principais ao arcebispo latino de Lviv František de Paula Pištěk, ao arcebispo armenio de Lviv Samuel Cyryl Stefanowicz, ao bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok Ivan Snihurskyi, e ao bispo latino de Przemyśl Franciszek Ksawery Zachariasiewicz.
O 5 de setembro de 1848 foi nomeado bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok.
O 5 de setembro de 1859 foi elixido arcebispo de Lviv. Foi confirmado o 23 de marzo de 1860. Finou no cargo tres anos despois, o 29 de abril de 1863.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1792 Categoría:Nados no distrito de Brody, rexión de Lviv Categoría:Finados en 1863 Categoría:Arcebispos católicos de Ucraína Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Profesores da Universidade de Lviv Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Arcebispos da Igrexa católica bizantina ucraína