Olof Celsius, coñecido como o vello, nado o 19 de xullo de 1670 en Uppsala e finado o 24 de xuño de 1756 en Estocolmo, foi un botánico, filólogo e crego sueco.
Traxectoria Foi profesor na Universidade de Uppsala, en Suecia. Tamén foi mentor do botánico Carl von Linné. Celsius escribiu o seu libro máis famoso co título de Hierobotanicon, sobre as plantas que aparecen na Biblia e foi membro da Real Academia das Ciencias de Suecia dende 1739.
O seu sobriño, Anders Celsius, foi o astrónomo e físico que inventou a escala centesimal do termómetro.
Notas
Categoría:Nados en 1670 Categoría:Nados no condado de Uppsala Categoría:Finados en 1756 Categoría:Botánicos de Suecia Categoría:Filólogos de Suecia Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala