Véxase Pteridophyta para unha introdución ás plantas vasculares sen semente
Woodsiaceae (as woodsiáceas) é unha familia de fentos da orde Polypodiales, que na moderna clasificación de Christenhusz et al. 2011Christenhusz et al. 2011.Preface to “Linear sequence, classification, synonymy, and bibliography of vascular plants: Lycophytes, ferns, gymnosperms and angiosperms” pdfCorrections to Phytotaxa 19: Linear sequence of lycophytes and ferns pdf clasifícase diferente que no seu predecesor sistema de Smith et al. (2006).A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006.
Taxonomía Introdución teórica en Taxonomía A clasificación máis actualizada é a de Christenhusz et al. 2011 (baseada en Smith et al. 2006, 2008); que tamén prové unha secuencia lineal das licofitas e monilofitas.Smith, A.R., Pryer, K.M., Schuettpelz, E., Korall, P., Schneider, H., & Wolf, P.G. (2008) Fern classification, pp. 417–467 en: Ranker, T.A., & Haufler, C.H. (eds. Familia 36. Woodsiaceae Herter, Rev. Sudamer. Bot. 9: 14 (1949). 1–3 xéneros (Cheilanthopsis, Hymenocystis, Woodsia). Notas: Woodsiaceae en Smith et al. 2006 incluía a Athyriaceae e Diplaziopsidaceae. A familia aquí é definida no seu sentido máis estrito, incluíndo só a Woodsia e dous xéneros altamente relacionados que, á espera de máis evidencia, quizais terminen sendo unidos a Woodsia no futuro. As liñaxes de Athyriaceae, Cystopteridaceae, Diplaziopsidaceae e Rhachidosoraceae están consistentemente segregados en todas as análises, independentemente da mostraxe. Aínda que as relacións entre estes grupos non sempre quedan resoltas, estas liñaxes non poden ser unidas a outras máis grandes. Por iso son tratados en familias separadas.
Clasificación sensu Smith et al. 2006 Localización taxonómica:
Plantae (clado), Viridiplantae, Streptophyta, Streptophytina, Embryophyta, Tracheophyta, Euphyllophyta, Monilophyta, Clase Polypodiopsida, Orde Polypodiales, Familia Woodsiaceae.
Sinónimos: Athyrioides, fentos femia, fentas.
Incluíndo Athyriaceae, Cystopteridaceae
Preto de 15 xéneros definidos por Smith et al. 2006, un 85 % das especies pertence aos dous xéneros principais, Athyrium e Diplazium, os dous probabelmente son parafiléticos. Athyrium (probabelmente parafilético, Wang et al. 2003) Diplazium (incl. Callipteris, Monomelangium. Probabelmente parafilético, Wang et al. 2003) Acystopteris Anisocampium Athyrium Cornopteris Cystopteris Deparia Diplaziopsis Diplazium Gymnocarpium Hypodematium Pentarhizidium Rhachidosorus Woodsia Preto de 700 especies.
Filoxenia Introdución teórica en Filoxenia Como está delimitado en Smith et al. 2006, Woodsiaceae pode ser parafilético a Aspleniaceae, (Blechnaceae + Onocleaceae), e Thelypteridaceae. A maior parte das análises non chega a apoiar nin a parafilia nin a monofilia do grupo (Hasebe et al. 1995, San et al. 2000a, Schneider et al. 2004c). Por mor desta incerteza, máis as bases morfolóxicas que permiten recoñecer a Woodsiaceae como aquí está circunscrita, Smith et al. (2006) creron que era prematuro adoptar a alternativa de erixir (ou resucitar) moitas pequenas familias para albergar a estes xéneros. Nun estudo posterior Schuettpelz e Pryer (2008) confirmaron a parafilia de Woodsiaceae, e suxestionan o seu desmembramento en familias máis pequenas (véxase publicación en notas).
Ecoloxía Na súa maior parte terrestres.
Subcosmopolitas.
Caracteres Coas características de Pteridophyta.
Rizomas rastreiros, ascendentes ou erectos. Escamas nos ápices, usualmente non clatradas, glabras, glandulares ou ciliadas. Pecíolos con dous feixes vasculares que nun corte transversal atópanse cunha forma crecente, enfrontados o un ao outro. Na parte distal estes dous feixes vasculares únense dando como resultado unha forma de sumidoiro ("gutter-shape") no corte transversal.
Follas monomórficas, raramente dimórficas. Veas pinadas ou bifurcadas, ceibes, pouco comunmente anastomosándose e entón sen veíñas inclusas.
Soros abaxiais, redondos, con forma de J, ou lineais con indusio reniforme a lineal ou sen indusio.
Esporas reniformes, monolete, perina alada, con cristas ou espiños.
Número de cromosomas: na súa maior parte x = 40, 41. Tamén x = 31 (Hemidictyum), x = 33, 38, 39 (Woodsia), e x = 42 (Cystopteris).
Notas Pryer, Kathleen M., Harald Schneider, Alan R. Smith, Raymond Cranfill, Paul G. Wolf, Jeffrey S. Hunt e Sedonia D. Sipes. 2001. "Horsetails and ferns are a monophyletic group and the closest living relatives to seed plants". Nature 409: 618-622 (resumo en inglés aquí). Pryer, Kathleen M., Eric Schuettpelz, Paul G. Wolf, Harald Schneider, Alan R. Smith e Raymond Cranfill. 2004. "Phylogeny and evolution of ferns (monilophytes) with a focus on the early leptosporangiate divergences". American Journal of Botany 91:1582-1598 (resumo en inglés aquí ). A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006. "A classification for extant ferns". Taxon 55(3), 705-731 (pdf aquí) Schuettpelz, E. e K. M. Pryer. 2008. Fern phylogeny inferred from 400 leptosporangiate species and three plastid xenes. Taxon 56(4): 1037-1050 (pdf aquí)
Notas citadas
Véxase tamén Outros artigos Fento Para unha descrición básica de morfoloxía e anatomía dos fentos véxase Pteridophyta. Ligazóns externas P. F. Stevens, 2001 en diante, Angiosperm Phylogeny Website. Versión 9, xuño do 2008, e actualizado desde entón. http://www.mobot.org/MOBOT/research/APweb/ Pryer's lab cos pdfs das publicacións da autora.