Entre dous mares é o primeiro álbum de estudio en solitario da cantante e violoncellista galega Rosa Cedrón. Foi publicado o 27 de marzo de 2007, baixo o selo Warner Music.

Trátase de doce composicións, nove en galego e tres en castelán, con letras de Iolanda Castaño e da bailarina e poeta Alba Felpete. O disco foi gravado nos estudios de Maré Producciones, en Fonteculler (Culleredo). A presentación oficial fíxose o 25 de marzo de 2007 en Santiago de Compostela."Rosa Cedrón, ex cantante de Luar na Lubre, publica su primer disco"

Lista de cancións

Formación Rosa Cedrón: voz Álex Blanco: guitarra Antonio Peña: guitarra Javier Cedrón: violín Manolo Gutiérrez: piano

Colaboradores Xoán Piñón Rodrigo Romaní Xacobe Martínez Marcos Sánchez

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do álbum en itunes.apple.com

Categoría:Álbums musicais de 2007 Categoría:Álbums de Rosa Cedrón