Os mosasauros (Mosasauridae, do latín "Mosa" que significa «río Mosa», e o grego sauros que significa «lagarto»— son unha familia de grandes lagartos acuáticos extintos. Os primeiros restos fósiles foron descubertos nunha canteira calcaria en Maastricht, sobre as marxes do Mosa, en 1764, e de alí o nome. Os mosasauros hoxe día son considerados parentes próximos das serpes, debido a que as análises cladísticas que se realizaron, acharon similitudes na anatomía do cranio e as mandíbulas. Os mosasauros eran membros dos varanoides, emparentados cos actuais lagartos varanos terrestres. Eles probablemente evolucionaron de réptiles escamosos semiacuáticos coñecidos como os aigialosáuridos, os cales son moi similares en aparencia aos modernos varanos, a finais do período Cretáceo Inferior. Durante os últimos 20 millóns de anos do período Cretáceo (Turoniano-Maastrichtiano), coa desaparición dos ictiosauros e os pliosauros, os mosasauros convertéronse nos depredadores mariños dominantes.
Descrición miniatura|Tylosaurus proriger erroneamente representado cunha crista dorsal, por Charles R. Knight, 1899. Esta imaxe e similares estaban baseadas en cartilaxes traqueais mal identificadas, pero cando o erro foi descuberto, as representacións de mosasauros coas devanditas cristas xa eran unha tendencia. Os mosasauros respiraban aire, eran poderosos nadadores e estaban ben adaptados a vivir nos mares epicontinentais cálidos e pouco profundos, que predominaban a finais do período Cretáceo. Os mosasauros estaban tan ben adaptados á súa contorna que eran xa animais vivíparos, no canto de retornar ás praias a depositar os seus ovos, á maneira das tartarugas mariñas.
O mosasauro máis pequeno coñecido é o Carinodens belgicus, que medía entre 3,0 a 3,5 metros de longo e probablemente vivía en augas superficiais preto das costas, rompendo cunchas de moluscos e ourizos de mar cos seus dentes bulbosos e romos. Os mosasauros grandes eran a norma: algúns alcanzaban máis de 10 metros de longo. O Tylosaurus mantén o título do maior mosasauro, con 17,5 m.
Tiñan un perfil corporal similar ao dos seus parentes os lagartos monitores actuais (varánidos), pero eran máis alargados e aerodinámicos para nadaren. Os ósos dos seus membros estaban moi reducidos en lonxitude e as súas aletas estaban formadas por unha membrana entre os alargados ósos dos seus díxitos. As súas colas eran anchas, e provían a forza de locomoción. Este método de locomoción puido ser similar ao que hoxe en día usan os congros ou as serpes mariñas. Non obstante, a evidencia máis recente suxire que moitos mosasauros avanzados tiñan grandes aletas caudais en forma de lúa crecente, similares ás das quenllas e ictiosauros. Máis que desenvolver un movemento ondulatorio serpentino, o corpo probablemente permanecía ríxido nestes mosasauros para mellorar a eficiencia hidrodinámica a través da auga, mentres o final da cola proporcionaba a propulsión. O animal puido axexar e logo abalanzarse rapidamente e con forza sobre as presas que pasaban, en lugar de ter que ir na súa persecución para cazalas.
Estes lagartos tiñan unha dobre bisagra na mandíbula e un cranio flexible (moi parecido ao dunha serpe), co cal eran capaces de engulir as súas presas case completas, un hábito de serpe que axudou a identificar os contidos non mastigados do estómago dentro de esqueletos de mosasauros fosilizados. Así, un esqueleto de Tylosaurus proriger de Dakota do Sur incluía restos da ave mergulladora Hesperornis, algúns peixes óseos, unha posible quenlla e un mosasauro pequeno do xénero Clidastes. Os ósos de mosasauro tamén foron achados con dentes de quenlla incrustados neles.
Baseándose en características da súa dobre fila de dentes pterigoidais no padal, a mandíbula con dobre bisagra, os membros modificados e reducidos e os seus probables métodos de locomoción, moitos investigadores cren que as serpes e os mosasauros poden ter un devanceiro común. Esta teoría foi suxerida orixinalmente en 1869, por Edward Drinker Cope, quen acuñou o termo Pythonomorpha para incluílos. A idea permaneceu latente por máis dun século, antes de ser revivida na década de 1990.
Tecidos brandos esquerda|miniatura|Escamas de Tylosaurus proriger (KUVP-1075). A pesar do relativamente gran número de restos de mosasauro colleitados mundialmente, o coñecemento da natureza da súa cuberta de pel permaneceu nos seus primeiros estadios. Unha incriblemente pequena cantidade de espécimes de mosasauro coñecidos de varios lugares do mundo retiñan impresións fosilizadas das súas escamas; esta carencia de coñecemento foi posible pola natureza delicada das escamas, que case elimina as posibilidades de preservación, ademais de que non se coñecían os tipos de sedimentos de preservación e as condicións mariñas baixo as cales dita preservación ocorre. Até o descubrimento de varios espécimes de mosasauro xunto con impresións notablemente ben conservadas de escamas procedentes de depósitos do Maastrichtiano tardío da formación de Muwaqqar Chalk Marl de Harrana en Xordania, o coñecemento da natureza dos tecidos de mosasauro estaba maiormente baseado nunhas poucas anotacións que describían os primeiros fósiles de mosasauro que databan do Santoniense superior ao Campaniense inferior, como o famoso espécime de Tylosaurus (KUVP-1075) de Cove County, Kansas. O material de Xordania mostrou que o corpo dos mosasauros, así como as membranas interdixitais nas súas "mans" e "pés" estaban cubertas con pequenas escamas solapadas en forma de diamante, similares ás das serpes. Igual que nos réptiles modernos, existían variacións no tipo e tamaño das escamas que cubrían a estes animais dependendo da zona do corpo. Nos exemplares de Harrana observáronse dous tipos de escamas nun único fósil, escamas carenadas (con quilla) cubrindo as rexións superiores do corpo e escamas lisas cubrindo as zonas baixas. Como depredadores de emboscada, que axexaban e capturaban rapidamente as súas presas usando tácticas de sixilo, suxeriuse que os mosasauros se beneficiaban enormemente doas súas escamas carenadas non reflectores.
miniatura|Tecidos brandos na cabeza e pescozo de Platecarpus tympaniticus, espécime LACM 128319. Os aneis traqueais son mostrados nas tres fotografías de abaixo. Máis recentemente, un ben conservado fósil de Platecarpus tympaniticus foi atopado non só con impresións da súa pel, senón tamén con órganos internos. Hai varias áreas avermelladas no fósil que poden representar o corazón, os pulmóns e riles. A traquea tamén está preservada xunto con parte do que pode ser a retina no ollo. A localización dos riles está máis cara a adiante que nos lagartos varanos, e é máis similar á dos cetáceos. Como nos cetáceos, os bronquios van aos pulmóns en paralelo entre eles en lugar de dividirse e separarse uns doutros como nos monitores e outros réptiles terrestres. Nos mosasauros, estas características poden ser adaptacións internas a un estilo de vida totalmente mariño. esquerda|miniatura|Tecidos fibrosos e microestruturas recuperados de IRSNB 1624. En 2011, proteínas de coláxeno foron recuperadas dun úmero de Prognathodon que databa do Cretáceo.
Coloración A cor destes animais era descoñecida até 2014, coa publicación dos achados de Johan Lindgren da Universidade de Lund et al., que revelaron pigmentos de melanina nas escamas fosilizadas dun mosasáurido. Os estudos destas escamas mostraron que os mosasáuridos presentaban unha coloración contrastada, coa parte superior do corpo escura e ventres brancos, tal como na gran quenlla branca ou a tartaruga laúde, a cal posúe devanceiros con restos fosilizados para os cales a súa cor tamén foi determinada. Os achados foron descritos na revista Nature.
Ambiente Os niveis do mar eran altos durante o período Cretáceo, causando abras mariñas en moitas partes do mundo e un gran mar interno no que agora é Norteamérica. Fósiles de mosasauro foron achados nos Países Baixos, Dinamarca, Portugal, Suecia, o Reino Unido, España, Francia, Alemaña, Polonia, Bulgaria, Rusia, Ucraína, Casaquistán, Azerbaidján, Xapón, Exipto, Israel, Xordania, Siria, Turquía, Níxer, Angola, Marrocos, Australia, Nova Zelandia e na Illa Veiga nas costas da Antártida. En América do Norte acháronse mosasáuridos no Canadá en Manitoba e Saskatchewan e en varias partes dos Estados Unidos. Exemplares completos ou parciais foron atopados en Alabama, Mississippi, Tennessee e Xeorxia -así como nos estados que estaban cubertos polo mar interno do Cretáceo: Texas, suroeste de Arkansas, Novo México, Kansas, Colorado, Nebraska, Dakota do Sur, Montana e as formacións de Pierre Shale e Fox Hills de Dakota do Norte-.Occurrences of Mosasaur and other reptilian fossil remains from the Fox Hills Formation (Maastrichtian: latexa Cretaceous) of North Dakota. Tamén se acharon recentemente restos de ósos e dentes de mosasáuridos en California, México, Colombia, Perú e Chile.Mosasauroids from Colombia.
Moitos dos restos de 'dinosauros' achados en Nova Zelandia son realmente de mosasauros e plesiosauros, sendo ambos os réptiles mariños depredadores do Mesozoico.
Descubrimento miniatura|O cranio de Mosasaurus hoffmannii achado en Maastricht entre 1770 e 1774. O primeiro achado publicitado dun cranio parcial de mosasauro foi feito en 1764 por traballadores nunha galería subterránea dunha canteira de calcaria preto da cidade holandesa de Maastricht, precedendo a calquera dos maiores achados de fósiles de dinosauro, pero permaneceu pouco coñecido. Con todo, un segundo descubrimento dun cranio parcial chamou a atención dos ilustrados sobre a existencia de animais fosilizados que eran moi diferentes de calquera das criaturas vivas coñecidas. Cando o espécime foi descuberto entre 1770 e 1774, Johann Leonard Hoffmann, un cirurxián e recolledor de fósiles, carteouse sobre o asunto cun dos máis influentes científicos do seu tempo, facendo famoso o fósil. O propietario orixinal, con todo, era Godding, un cóengo da catedral de Maastricht.
Cando as forzas revolucionarias francesas ocuparon Maastricht en 1794, o coidadosamente oculto fósil foi sacado á luz grazas a unha recompensa -segundo se dixo- de seiscentas botellas de viño, e transportado a París. Despois de ser inicialmente interpretado como un peixe, un crocodilo ou un cachalote, o primeiro en entender as súas afinidades cos lagartos foi o científico holandés Adriaan Gilles Camper en 1799. En 1808 Georges Cuvier confirmou esta conclusión, aínda que le Grand Animal fossile de Maëstricht non foi realmente chamado mosasaurus («réptil do río Mosa») até 1822 e non se lle deu o seu nome completo de especie, Mosasaurus hoffmannii, até 1829. Varios xogos de restos de mosasauro que foran descubertos previamente en Maastricht pero que non foran identificados como tales até o século XIX, foron postos en exhibición no Museo Teylers, Haarlem, adquiridos desde 1790.
Os leitos de calcaria de Maastricht volvéronse tan famosos polo descubrimento do mosasauro que deron o seu nome á época dos últimos 6 millóns de anos do Cretáceo, o Maastrichtiano.
Taxonomía
Clasificación miniatura|Debuxo de Williston (1898) que mostra os esqueletos de tres especies comúns de mosasauros de Kansas; Clidastes propython, Platecarpus tympaniticus e Tylosaurus proriger dereita|miniatura|150x150px|Taniwhasaurus. dereita|miniatura|150x150px|Clidastes. dereita|miniatura|150x150px|Prognathodon. Familia Mosasauridae Subfamilia Tylosaurinae Hainosaurus Tylosaurus Taniwhasaurus Subfamilia Plioplatecarpinae Platecarpus Angolasaurus Ectenosaurus Selmasaurus Igdamanosaurus Plioplatecarpus Subfamilia Mosasaurinae Dallasaurus Clidastes Mosasaurus Moanasaurus Amphekepubis Plotosaurus Globidens Prognathodon Eremiasaurus Plesiotylosaurus Carinodens Subfamilia Halisaurinae Eonatator Halisaurus Subfamilia Yaguarasaurinae Romeosaurus Russellosaurus Yaguarasaurus Subfamilia Tethysaurinae Pannoniasaurus Tethysaurus Incertae sedis Liodon Goronyosaurus Pluridens Kourisodon
Filoxenia