The Doctrine of Chances (en galego, A Doutrina das Probabilidades) foi a primeira obra sobre teoría da probabilidade, escrita polo matemático francés Abraham de Moivre e publicada por primeira vez en 1718. De Moivre escribiu en inglés xa que vivía en Inglaterra naquela época, pois abandonara Francia escapando da persecución dos hugonotes. O título da obra converteuse nun sinónimo de teoría de probabilidades, e así a frase foi usada na obra póstuma de Thomas Bayes, que de feito se titulada An Essay towards solving a Problem in the Doctrine of Chances. Nesta aparece por primeira vez o teorema de Bayes.

Edicións O título completo da primeira edición foi The doctrine of chances: or, a method for calculating the probabilities of events in play (A doutrina das probabilidades ou un método para calcular as probabilidades dos sucesos en xogo); foi publicada en 1718 por W. Pearson e constaba de 175 páxinas.

Publicada en 1738 por Woodfall e composta por 258 páxinas, a segunda edición da obra de De Moivre introducía o que posteriormente se chamaría distribución normal como aproximación da distribución binomial. De feito, De Moivre probou un caso especial do teorema central do límite, un resultado que ás veces é chamado teorema de De Moivre–Laplace.

A terceira edición foi publicada de xeito póstumo en 1756 por A. Millar e ocupou 348 páxinas, xa que se incluíu material adicional como unha aplicación da teoría da probabilidade ás ciencias actuariais no cálculo de anualidades.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Terceira edición de The Doctrine of Chances. Texto completo da primeira edición de “The Doctrine of Chances” en books.google.com The Doctrine of Chance en MathPages.

Bibliografía

Categoría:Estatística Categoría:Ensaio Categoría:Obras literarias de 1718 Categoría:Obras literarias en inglés