Lev III Sheptytskyi (en ; en ; en ), nado o 29 de agosto de 1717 en Sheptytsi (Voivodato de Rutenia, Coroa do Reino de Polonia) e finado o 13 de maio de 1779 en Radomyshl (Voivodato de Kíiv), foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1778 até a súa morte.

Traxectoria O 7 de novembro de 1742 foi ordenado sacerdote. O 9 de marzo de 1748 foi elixido bispo de Lviv, recibindo a consagración episcopal o 14 de maio de 1479 de mans do bispo de Lutsk-Ostroh Teodosii Rudnytskyi-Liubenetskyi.

O 9 de xullo de 1762 foi elixido arcebispo coadxutor de Kíiv, sucedendo ó metropolita Pylyp Volodkovych o 1 de febreiro de 1778. Finou no cargo ó ano seguinte, o 13 de maio de 1779.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1717 Categoría:Nados no distrito de Sambir, rexión de Lviv Categoría:Finados en 1779 Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína