Interplay Entertainment Corporation (NASDAQ: IPLY) é unha empresa estadounidense desenvolvedora e distribuidora de videoxogos, que foi fundada en 1983 como Interplay Productions por Brian Fargo. A compañía fora unha desenvolvedora de calidade ata que comezou a publicar os seus propios xogos en 1988, como Neuromancer e Battle Chess. Foi renomeada como Interplay Entertainment en 1998 e fíxose pública. Obtivo un éxito polo desenvolvemento e publicación de xogos de éxito como Fallout e Baldur's Gate, o último resultando ser o seu xogo máis vendido. Debido ás súas perdas financeiras, a distribuidora francesa Titus Interactive completou a súa adquisición do control maioritario da empresa, o cal provocou que o fundador Brian Fargo renunciase e se fose en 2002. No ano 2003, Interplay pechou Black Isle Studios e despediu a todo o persoal, ata que a empresa pechou en 2004 debido á notificación de desaloxo. Cando Titus pechou en 2005, Interplay unha vez máis converteuse en independente. En 2007, Interplay reiniciou o seu estudo de desenvolvemento de xogos interno e ten plans de desenvolver secuelas dalgunhas das súas IPs clásicas, despois de que Fallout fose vendida a Bethesda Softworks.
Estudios
Antigos BlueSky Software en California, comezou en 1988, pechou en 2001. Black Isle Studios, en Orange County, California, comezou en 1996, pechou en 2003. Brainstorm en Irvine.
Vendidos Shiny Entertainment en Laguna Beach, California, fundada en outubro de 1993, adquirida de 1995, vendida a Atari en 2002.
Descoñecido 14 Degrees East situada en Beverly Hills (California), 14 Degrees foi a división de estratexia de Interplay. A compañía foi fundada o 3 de marzo 1999. FlatCat Interplay Sports, situada tamén en Beverly Hills, foi a división de deportes de interior en Interplay. A compañía era coñecida anteriormente como VR Sports ata o cambio en 1998. Tantrum Entertainment Tribal Dreams Interplay Films, unha división de Interplay Entertainment, formouse en 1998 e ía converter sete dos títulos máis populares da compañía de videoxogos en películas, incluíndo Descent, Redneck Rampage e Fallout. O presidente da división era Tom Reed. Black Isle Studios, en Orange County, California, comezou en 1996, pechou en 2003. Logo en 2012, reabriu segundo a páxina oficial de Interplay.
Videoxogos
Another World (Out of this World nalgúns países). Cyberia ( de 1995 aproximadamente). Castles (2 xaneiro 1991) (Estratexia, aventura). Castles II: Siege & Conquest (1 xaneiro 1992) (Rol, estratexia).
Referencias
Ligazóns externas Páxina web oficial Interplay en MobyGames.
Categoría:Compañías de videoxogos