Villa Guerrero é un concello ao sur do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades de Zinacantepec, Toluca, Calimaya, Tenango del Valle, Tenancingo, Zumpahuacán, Ixtapan de la Sal e Coatepec Harinas. Ademais, na zona norte comparte territorio coa reserva federal do Nevado de Toluca. A súa área é de 209,95 km², e segundo o censo de poboación de 2015 ten unha poboación total de 67 929 habitantes.

A cabeceira municipal é Villa Guerrero.Monografía municipal de Villa Guerrero

Toponimia 120px|esquerda|miniatura|Glifo representativo de Villa Guerrero. Villa Guerrero foi coñecida como Tecualoyan até o 20 de abril de 1867, cando se levou a cabo o cambio de nome mentres o coronel Germán Contreras exercía como gobernador interino do Estado de México. Este acto foi concibido “en homenaxe aos valiosos servizos que os seus habitantes prestaron ao país durante a Guerra da Reforma”. A palabra Tecualoyan (de náhuatl Tecualo «morde ou come algo»─ e Yan «lugar»), segundo a interpretación máis aceptada significa «Lugar onde hai bestas devoradoras», con todo, algúns investigadores danlle outro significado: "Lugar onde se come" ou "Lugar onde hai xente feroz e valente". O glifo representativo do lugar mostra un xaguar ou ocelote e unha figura co medio corpo humano nas súas mandíbulas, o que fai parecer que un home está sendo devorado por un animal.

Notas

Categoría:Concellos do estado de México